Gaetana Aulenti, nada en Palazzolo dello Stella, Udine en 1927 e finada en Milán o 31 de outubro de 2012, foi unha arquitecta italiana. Aulenti é unha das poucas mulleres que deixaron unha profunda impresión, ás veces polémica, na arquitectura internacional, así como na escenografía teatral e no deseño industrial. dereita|miniatura|275x275px|Gae Aulenti. Cadeira de xardín dereita|miniatura|413x413px|Gae Aulenti. Museo de Orsay dereita|miniatura|275x275px|Gae Aulenti. Museo Nacional de Arte de Cataluña dereita|miniatura|458x458px|Gae Aulenti. Instituto Italiano de Cultura de Tokyo dereita|miniatura|275x275px|Gae Aulenti. Palacio Público, San Marino miniatura|275x275px|Pavillón de Italia, Exposición Universal de Sevilla de 1992
Formación O seu pai era contador, fillo dun mestre da escola de Trani e a súa nai, napolitana, filla dun médico que ensinaba en Palermo. Aulenti asiste ao Liceo artístico de Florencia, mais por mor da Guerra debe retornar ao norte, onde presta pequenos servizos á Resistencia.
En 1954 licénciase na Facultade de Arquitectura do Politécnico de Milán, e comeza a súa decenal colaboración coa redacción da revista Casabella dirixida por Ernesto Nathan Rogers. Entre outras actividades foi membro do Comité de Dirección da revista Lotus International desde 1974 até 1979. Ao longo de case 60 anos de carreira, Aulenti traballou de forma independente en proxectos de arquitectura, deseño industrial, deseño de interiores e mesmo escenografía teatral. Logo de obter o título de doutora, deu clases na Escola de Arquitectura de Venecia desde 1960 até 1962 e na Escola de Arquitectura de Milán desde 1964 até 1967.
Traxectoria
Deseño Como moitos dos seus contemporáneos, Aulenti deseñou varias series de móbeis en toda a década de 1960 para a tenda La Rinascente e máis tarde deseñou móbeis para Zanotta.
Tamén desempeñou o cargo de vicepresidenta da Asociación Italiana de Deseño Industrial (ADI).
En 1972 participa na exposición Italy: The New Domestic Landscape organizada por Emilio Ambasz no MoMA xunto con outros numerosos deseñadores e arquitectos emerxentes, entre eles Marco Zanuso e Richard Sapper, Joe Colombo, Ettore Sottsass, Gaetano Pesce, Archizoom, Superstudio, Gruppo Strum e 9999.
A paixón pola arte escénica levouna a colaborar, de 1976 a 1978, co director de ópera Luca Ronconi, deseñando a escenografía de óperas como Il viaggio a Reims, de Gioachino Rossini.
Listaxe de deseños
cadeira April (1964) unha cadeira encartábel feita de aceiro inoxidábel a lámpada Giova (1964) a mesa Tavolo con ruote (1980) a mesa Tour (1993) mesa Sanmarco (1984)
Xunto a Piero Castiglioni deseñou:
a familia de lámpadas Parola (1980) lámpada de parede Diamante (1986) lámpada Calle (1988) foco Diastema (1994)
Arquitectura Aulenti é coñecida por varios proxectos de museos de grande escala na década de 1980. En 1981 foi escollida para reformar a estación de trens de Orsay en París, orixinalmente deseñada por Victor Laloux, no Museo de Orsay. O espazo expón obras de artistas franceses de 1848 a 1915. Este traballo abriulle o camiño para conseguir comisións como o Pavillón de Italia na Exposición Universal de Sevilla 1992, o encargo para crear un espazo para o Museo Nacional de Arte Moderna no Centro Georges Pompidou de París, a restauración do Palazzo Grassi como un museo de arte en Venecia (1985); a conversión dunha antiga embaixada de Italia en Berlín nunha Academia de Ciencias e a reforma do Palacio Nacional de Montjuïc (Barcelona), como Museo nacional de Arte de Cataluña (1985). En San Francisco, converteu a Biblioteca Central da cidade nun museo de arte asiática. En 2008 levou a cabo a restauración do Palazzo Branciforte en Palermo. En 2011, Aulenti supervisou a expansión do aeroporto de Perugia.
Ela entendía que para deseñar eficazmente os ambientes domésticos, facíase necesario estabelecer un diálogo cos elementos e calidades da contorna urbana. Desta forma, poderíanse xerar formas arquitectónicas nas que os ámbitos privado e o público compartisen a súa complexidade formal e estilística.
Parte dos seus arquivos atópanse no International Arquive of Women in Architecture en Virginia Tech.
Listaxe de obras
1960 : Percorrido de ingreso ao Parque Sempione para a XII Trienal de Milán 1965 : Showroom de Olivetti en París 1968 : Showroom de Olivetti en Buenos Aires 1970 : Casa dunha coleccionista - Reestruturación do departamento de Gianni Agnelli en Milán 1973 : Residencia privada en Pisa 1975 : Residencia privada en Parma 1980/86 : Recualificación da Gare d'Orsay e acondicionamento do Museo d'Orsay, París 1982/85 : Acondicionamento interior do Museo Nacional de Arte Moderna no Centro Georges Pompidou, París 1985/2004 : Museo nacional de Arte de Cataluña, Barcelona 1985/86 : Reestruturación do Palazzo Grassi, Venecia desde 1987 : Cidade universitaria e sede destacada do Politécnico de Turín, escola e nova biblioteca na sede de Biella 1990 : Residencia privada en Saint Tropez 1990 : Rampla de acceso á Estación de Santa Maria Novella desde o piazzale Montelungo 1992 : Pavillón italiano na EXPO '92 de Sevilla 1996 : Praza de entrada á ex-estación Leopolda (Florencia) 1996/2003 : Museo de arte asiática, San Francisco 1996 : Mobiliario urbano da praza Ciullo e da praza do Mercado, Alcamo 1996 : Restauración do Palacio Público, San Mariño 1998 : Ampliación dunha estrutura hoteleira, Xerusalén 1999 : Reestruturación do Spazio Oberdan, Milán 1999 : Reestruturación das ex-corte das bestas do Palacio do Quirinal, Roma 1999 : Ampliación do Museo de Arte Oriental Edoardo Chiossone, Xénova 1999/2002 : Estacións de subterráneo “Museo” e “Dante” da liña 1 e redeseño das Prazas Cavour e Dante, Napoli 2000 : Mobiliario urbano do Piazzale Cadorna e redefinición da fachada da sede das Ferrovías Nord, Milán 2000 : Realización dun emprendemento turístico-hoteleiro nunha granxa, Taranto 2001 : Novo edificio direccional en Rímini 2001 : Galería de arte contemporánea e deseño en Vila Capriati, Bari 2001 : Recualificación da costa do lago en Meina 2001 : Escola maternal en Villar Perosa 2003/05 : Reestruturación do Palavela para as Olimpíadas Invernais Turín 2006, Turín 2003 : Restauración do Castello Estense en Ferrara 2005 : Sistematización da Praza San Giovanni en Gubbio 2005 : Instituto de Cultura Italiano, Tokyo 2008 : Central de utilización térmica de residuos sólidos urbanos e novo edificio para residuos e calefacción urbana, Forlì 2011/12 : Reestruturación e ampliación do aeroporto San Francisco de Asís, Perugia 2012 : Restyling da Praza Mario Pagano, Potenza 2012 : Palazzo Branciforte, restauración e transformación en polo cultural polifuncional, Palermo 2013 : Sede da Hixiene Ambiental Hera de Cesena
Premios e honras
Foi nomeada Membro honorario do Instituto Americano de Arquitectura en 1990 En 1991 recibiu o Premio Imperial outorgado pola Japan Art Association (Tokyo, 1991). Recibiu o título honorario en Belas Artes na Rhode Island School of Design (Providence, 2001). En 2007 foille outorgado ex aequo o Marble Architectural Awards 2007 xunto a Renzo Piano En 2012, recibiu a Medalla de Ouro da Trienal de Milán pola súa traxectoria artística en recoñecemento á súa posición como un dos mestres do deseño italiano xunto a Vittorio Gregotti e a Maria Giuseppina Grasso Cannizzo.
Ademais fóronlle concedidas as seguintes honras:
Cabaleiro da Lexión de Honra (Francia), 1987 Medalla de ouro Benemérito da cultura e da arte, 28 de marzo de 1994 Dama da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, 6 de decembro de 1995 Sigillo Longobardo outorgado pola Lombardía 27 de abril de 1999
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados na provincia de Udine Categoría:Finados en 2012 Categoría:Arquitectos de Italia do século XX Categoría:Arquitectos de Italia do século XXI