miniatura|300 px|Deseño do acúmetro de Ádám Politzer
Un acúmetro é un aparello metálico perfeccionado por Ádám Politzer en 1877, que consiste nun pequeno martelo que golpea unha barra oca, emitindo un son monotonal semellante ó dun reloxo pero máis intenso que se utiliza para medi-la capacidade auditiva a través da determinación do límite absoluto da audibilidade da intensidade dun son, este proceso coñécese como acumetría. O acúmetro foi o antecesor do audímetro, un aparello eléctrico.
Categoría:Ferramentas Categoría:Instrumentos de medida