Cunegunda de Luxemburgo, nada en Luxemburgo ou no castelo de Gleiberg ca. 975 e finada na Abadía de Kaufungen o 3 de marzo de circa 1040, foi a esposa do emperador Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico, que, como ela, foi canonizado. É venerada como santa pola igrexa católica. Traxectoria Os seus pais foron Siegfried I, primeiro conde de Luxemburgo (922-998) e Eduvixis de Nordgau (ca. 935-992). En 998 casou con Henrique IV, duque de Baviera, que se converteu en emperador como Henrique II do Sacro Imperio Xermánico. Á morte de Odón III sen herdeiros, Henrique foi coroado rei de Alemaña en 1002 e dous meses despois Cunegunda foi coroada raíña en Paderborn. Segundo unha tradición non confirmada, de acordo co seu marido, fixeron votos de virxindade, polo que non tiveron descendencia. Probabelmente Henrique, ao notar a esterilidade de Cunegunda, non quixo repudialaO dereito familiar xermánico permitíalle facelo. polo amor que lle tiña e renunciou a ter fillos para vivir con ela. De aí naceu a crenza de que a falta de descendencia fora voluntaria, facendo unha especie de "matrimonio espiritual".

Foi moi activa en política, asesorando ao seu marido e participando nos consellos do Imperio. En 1014, foi con Henrique II a Roma, onde foron coroados emperadores polo papa Bieito VIII. Cando Henrique morreu en 1024, Cunegunda foi rexente, xunto ao seu irmán, ata que Conrado II foi elixido sucesor.

Xa retirada do goberno, en 1025 retirouse á abadía de Kaufungen, un convento de monxas beneditinas que ela mesma fundara en Kaufungen (Hessen). Morreu alí sobre 1040, sendo enterrada co seu marido na catedral de Bamberg.

Foi canonizada por Inocencio III o 29 de marzo de 1200. Lendas Cunegunda adormecera mentres lía a Biblia unha noite; cando espertou estaba rodeada de lapas, xa que a candea prendera nalgunha roupa da habitación. Entón fixo o sinal da cruz e as lapas desapareceron.

Uns cortesáns calumniadores acusárona de conduta escandalosa; ao negalo, quixo someterse a unha ordalía ou xuízo de Deus: pasou camiñando, descalza, sobre uns ferros ardentes, sen sufrir dano ningún, con gran ledicia por parte do seu marido, o emperador"Lives of the Saints: For Every Day of the Year" edited by Rev. Hugo Hoever, S.O.Cist., Ph.D., New York: Catholic Book Publishing Co., (1955), p. 93. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Catholic-forum.com Arxivat Catholic.com

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Personalidades de Luxemburgo Categoría:Nados en Luxemburgo Categoría:Emperatrices do Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Nados en 978 Categoría:Finados en 1039