A promoción de ascenso a Segunda División 2021, correspondente á tempada 2020/21 da Segunda División B, disputouse entre o 15 e o 23 de maio de 2021. Foi a última promoción disputada dende a Segunda División B, que nesta tempada celebrou a súa derradeira edición. A próxima tempada será disputada por equipos da Primeira División RFEF. Participaron 16 equipos, dos cales ascenderon catro: Real Sociedad B, SD Amorebieta, UD Ibiza e Burgos CF.
Equipos clasificados Equipos clasificados para a promoción de ascenso a Segunda División. PosGrupo 1Grupo 2Grupo 3Grupo 4Grupo 5 Burgos CF Real Sociedad B UD Ibiza Linares Deportivo CD Badajoz Celta de Vigo B Bilbao Athletic F. C. Barcelona B UCAM Murcia CF UD San Sebastián de los Reyes Zamora CF SD Amorebieta FC Andorra Algeciras CF Real Madrid Castilla CD CalahorraEn negra, equipos que ascenden a Segunda División
Sistema de competición Por última vez catro equipos ascenderon desde Segunda División B a Segunda División, xa que na tempada 2021/22 a promoción xogarase na Primeira División RFEF. A competición por esas prazas quedou reservada esta tempada aos tres primeiros clasificados de cada un dos cinco grupos que conformaron toda a Segunda División B, así como ao mellor cuarto clasificado que foi resolto por unha puntuación final baseada en coeficientes. Ao ser grupos impares esta tempada eliminouse a ruta de campións que daba unha dobre oportunidade de ascenso aos equipos que eran campións de grupo.
Despois dunha tempada marcada polas limitacións derivadas da pandemia de COVID-19, a RFEF decidiu levar a cabo a promoción nun formato similar á tempada anterior. Desenvolveuse a través dun sistema de eliminatorias, a partido único. Tivo lugar en Estremadura, en formato de concentración, e consistiu en dúas eliminatorias nas que os partidos se determinaron por sorteo, enfrontando a aqueles que tiveron unha mellor clasificación contra os que tiveron unha clasificación peor, evitando, na medida do posible, que se enfrontasen dous equipos do mesmo grupo.
Nos casos de empate xogáronse prórrogas, e en caso de persistir o empate, pasou o equipo mellor clasificado na fase regular, con quenda de penaltis no caso de que os dous equipos rematasen na mesma posición.
Os catro clubs gañadores da segunda volta ascenderon a Segunda División. Os restantes clubs quedaron adscritos á nova Primeira División RFEF da seguinte tempada.
Sedes
21x21px Badaxoz. Estadio Nuevo Vivero (14.998 espectadores). 28x28px Almendralexo. Estadio Francisco de la Hera (11.580 espectadores). 19x19px Villanueva de la Serena. Estadio Municipal Villanovense (5.000 espectadores). Don Benito. Estadio Vicente Sanz (5.000 espectadores).
Sorteo
Primeira rolda O sorteo da eliminatoria para a fase de ascenso a Segunda 2021 celebrouse o 10 de maio ás 12:30 horas no Palacio de Congresos de Mérida, xa que Estremadura acolle os playoffs.
O sorteo comezou emparellando a un dos cinco campións de grupos de Segunda B co club clasificado no cuarto lugar; a continuación os catro campións restantes con catro dos cinco terceiros; logo un dos cinco clubs que que quedaron segundos emparellouse co terceiro sobrante copa número 3; e, finalmente, os catro segundos, da copa número 2, uns cos outros. En caso de coincidencia de grupo, sorteouse outra bola para emparellar ao club local e reservouse ao club sen parella para a seguinte extracción.
Os vencedores das oito eliminatorias (con prórroga pero sen quenda de penaltis excepto nos duelos entre equipos que remataron no mesmo lugar durante a 2ª fase de 2ªB) accederon á segunda e última rolda deste play-off. O luns 17 de maio celebrouse un novo sorteo para estas segundas e últimas eliminatorias para o ascenso ao fútbol profesional.
Segunda rolda O luns 17 de maio de 2021 ás 12:30 celebrouse o segundo sorteo no Salón de Actos de IFEBA, en Badaxoz.
Nesta segunda rolda participaron os oito clubs gañadores da anterior. Estes distribuíronse segundo a posición obtida na clasificación ao final da segunda fase. E, mediante sorteo, os equipos que acadaron un mellor posto emparelláronse con aqueles que tiveron unha peor clasificación, evitando, na medida do posible, os enfrontamentos entre equipos do mesmo grupo. Actúa como local o equipo mellor clasificado e se a posición é a mesma, o club cuxa bola saíse en primeiro lugar.
Cadros
Partidos
Semifinais Xogáronse oito eliminatorias a partido único entre o 15 e o 16 de maio. Os equipos para cada eliminatoria foron determinados por sorteo o 10 de maio. Os oito gañadores clasificáronse para a última rolda, mentres que os perdedores quedaron eliminados e participarán a tempada seguinte na Primeira División RFEF.
UD San Sebastián de los Reyes - Algeciras CF
Pasa á 2ª rolda Algeciras CF
Burgos CF - CD Calahorra
Pasa á 2ª rolda Burgos CF
Real Sociedad B - FC Andorra
Pasa á 2ª rolda Real Sociedade "B"
Linares Deportivo - SD Amorebieta
Pasa á 2ª rolda SD Amorebieta
UCAM Murcia CF - FC Barcelona B
Pasa á 2ª rolda UCAM Murcia CF
UD Ibiza - Real Madrid Castilla
Pasa á 2ª rolda UD Ibiza Bilbao Athletic - Celta de Vigo B
Pasa á 2ª rolda Bilbao Athletic
CD Badajoz - Zamora CF
Pasa á 2ª rolda CD Badajoz
Finais Participaron os oito equipos vencedores da primeira rolda, a partido único os días 22 e 23 de maio. Os equipos de cada eliminatoria foron determinados por sorteo o 17 de maio. Os catro equipos gañadores ascenderon directamente a Segunda División, mentres que os perdedores participarán a tempada seguinte na Primeira División RFEF.
Real Sociedad B - Algeciras CF
Ascende á Segunda División Real Sociedade "B" CD Badajoz - SD Amorebieta
Ascende á Segunda División SD Amorebieta UD Ibiza - UCAM Murcia CF
Ascende á Segunda División UD Ibiza Burgos CF - Bilbao Athletic
Ascende á Segunda División Burgos CF Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Segunda división B española 2020/21
Ligazóns externas
Sitio web oficial .
Categoría:Promocións de ascenso a Segunda División de España