Jaws 3-D (estilizado en pantalla como Jaws III e nos medios de comunicación como Jaws 3) é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Joe Alves e protagonizado por Dennis Quaid, Bess Armstrong, Lea Thompson e Louis Gossett Jr. É a continuación de Tiburón 2 e o terceiro título da franquía de Jaws. Conta a historia dos fillos de Brody nun parque acuático de Florida con túneles subterráneos e lagoas. Mentres o parque se prepara para a inauguración, unha cría de tiburón branco entra no parque dende o mar, aparentemente atacando e matando aos empregados do parque. Porén, unha vez capturado, faise evidente que o verdadeiro culpable das mortes foi un segundo tiburón meirande que tamén ingresou no parque.
Personaxes Dennis Quaid como Mike Brody Bess Armstrong como Kathryn Morgan Simon MacCorkindale como Philip FitzRoyce Louis Gossett Jr. como Calvin Bouchard John Putch como Sean Brody Lea Thompson como Kelly Ann Bukowski P. H. Moriarty como Jack Tate Dan Blasko como Danny Liz Morris como Liz Harry Grant como Shelby Overman Lisa Maurer como Ethal Kaye Stevens como Mrs. Kellender
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes sobre tiburóns Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América