O Banco da República () é o banco central de Colombia encargado de emitir, manexar e controlar os movementos monetarios do país, así como emitir a moeda de curso legal, o peso.
A entidade foi creada por medio da Lei 25 de 1923. O xerente xeral é Leonardo Villar Gómez dende o 4 de xaneiro de 2021.
Historia O roubo do Banco da República O asalto do Banco da República en Valledupar, tamén coñecido como "O roubo do século en Colombia", ocurreu o 16 e o 17 de outubro de 1994. Os asaltantes roubaron a suma de 24.072 millóns de pesos (33 millóns de dólares estadounidenses en 1994 / 53 534 465 dólares en 2016). O roubo ao banco da república en Valledupar significou a cantidade máis alta que se roubou na historia de Colombia.
Tralo roubo, o Banco da República identificou os billetes roubados polo seu serial e denominación, os cales non entraran a circular o público previo ao roubo, polo que perderon inmediatamente o seu valor. O banco publicou unha lista dos rangos de series dos billetes roubados e pasaron a ser chamados con obxecto de chacota como os billetes vallenatos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Banco da República de Colombia
Categoría:Bancos centrais