A dos cefoideos (Cephoidea) é unha pequena superfamilia de insectos himenópteros pertencente á suborde dos sínfitos.Cephoidea no ITIS. Consultado o 7 de xuño de 2021.

Taxonomía Descrición Tanto a superfamilia como a familia foron descritas e 1835 polo entomólogo, botánico e escritor inglés Edward Newman.Superfamily Cephoidea Newman 1835 en Fossilworks.Family Cephidae Newman 1835 en Fossilworks.

Etimoloxías Os nomes científicos da superfamilia e da familia están formados ambos os dous sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Cephus, coa adición dos sufixos -oidea e -ĭdae, propios son nomes da superfamilias e as familias de animais respectivamente.

Clasificación A superfamilia na actualidade (2021) comprende unicamente unha familia con especies viventes, a dos céfidos (Cephidae), pero coñécese tamén unha familia fósil, a dos sepúlcidos (Sepulcidae), cada unha delas con algo máis de 25 xéneros.

Xéneros A familia dos céfidos conta con seguintes xéneros:Cephidae no GBIF.

Australcephus Smith & Schmidt, 2009 Caenocephus (Strobl, 1895) Calameuta Konow, 1896 Cephalocephus Benson, 1946 Cephus Latreille, 1803 Characopygus Konow, 1899 Cuspilongus Archibald & Rasnitsyn, 2015 Electrocephus Konow, 1897 Hartigia Schiødte, 1839 Heterojanus Wei & Xiao, 2011 Hissarocephus Gussakovskii, 1945 Janus Stephens, 1829 Jungicephus Maa, 1949 Magnitarsijanus Wei, 2007 Megajanus Wei, 1999 Mesocephus Rasnitsyn, 1968 Miscocephus Wei, 1999 Neosyrista Benson, 1935 Pachycephus J.P.E.F.Stein, 1876 Phylloecus Newman, 1838 Sinicephus Maa, 1949 Stenocephus Shinohara, 1999 Stigmatijanus Wei, 2007 Sulawesius Smith & Shinohara, 2002 Syrista Konow, 1896 Trachelus Jurine, 1807

Distribución xeográfica A maioría das especies encóntranse no hemisferio norte, especialmente en Eurasia.

Características Son excepcionalmente esveltos comparados con outros sínfitos, e a miúdo parécense a outros tipos de avespas. Son os únicos sínfitos que carecen do ovipositor recto, que posúen o resto das especies do grupo.

As larvas perforan os caules de varias plantas, especialmente de gramíneas, pero tamén doutras plantas herbáceas, arbustos e árbores. Unhas poucas especies son pragas de cereais (por exemplo Cephus cinctus, que ataca ao trigo).

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A.(1976): An introduction to the study of insects. Cuarta edición. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.

Outros artigos Himenópteros Sínfitos

Categoría:Symphyta