Lois Oreiro Serrano, nado en Pudenza (Zas) o 12 de xuño de 1966, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Entre 1991 e 2004 foi delegado da TVG en Madrid. De volta á terra, alternou o seu labor con colaboracións noutros medios audiovisuais, escribindo tamén artigos en Grial, Diario de Pontevedra, La Opinión da Coruña, Xornal de Galicia e Avui.cat. Foi condutor de informativos de Correo TV.

O seu libro Xallas. Teoría da existencia (2007) é unha viaxe literaria seguindo o percorrido do río Xallas, que posúe diferentes denominacións ó longo do seu traxecto, pero que foi con esta coa que nomeou toda unha contorna.Uns ós outros (2009) é un libro de poemas con tres partes: a da razón («Caer caendo»), a das emocións («Desamor» e «Poemario básico») e a do contexto ou contorna («Fisterrá»). Con Os mundos de agora (2021) Galaxia inaugurou a colección Hoxeéhoxe, obra na que abre o debate sobre a pegada tecnolóxica.

Obras Ensaio Xallas. Teoría da existencia (2007). tresCtres. 290 páxs. ISBN 978-8493556280. miniatura|Presentando Os mundos de agora con Irene Lourido na Libraría Paz de Pontevedra en novembro de 2021|239x239pxOs mundos de agora (2021). Vigo: Galaxia, Col. Hoxeéhoxe. 346 páxs. ISBN 978-84-9151-634-7. Poesía Uns ós outros (2009). tresCtres. 129 páxs. ISBN 978-8492727117.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha na Editorial Galaxia

Categoría:Xornalistas de Zas

Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Zas Categoría:Nados en 1966