Soiuz 7K-L1 foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións lunares. Era unha modificación do modelo 7K-OK para facer sobrevoos lunares.
Características A 7K-L1 foi a substituta da nave LK-1 de Chelomei que foi cancelada a favor da primeira. A 7K-L1 non demostrou ser segura como nave tripulada ata agosto de 1969, despois de que os estadounidenses chegaran á Lúa. Todos os lanzamentos que se fixeron foron non tripulados ata a súa cancelación en 1970.
A nave carecía do característico módulo orbital das naves Soiuz para aforrar masa. Tamén carecía do paracaídas de reserva a favor de engadir unha porta de saída na cápsula de reentrada. A nave foi dotada dos sistemas adecuados para a navegación interplanetaria e poder chegar á Lúa. Deseñada para facer unicamente misións de sobrevoo lunar, era lanzada mediante un foguete Proton K/D baixo a denominación Zond. Dos dez intentos de lanzamento catro finalizaron en fracaso, cinco en éxito e nun caso a cápsula foi destruída nun accidente previo. Construíronse dúas unidades adicionais que non chegaron a intentar lanzarse. As naves lanzadas con éxito levaban a bordo diferentes animais (moscas, tartarugas, vermes, bacterias, sementes, plantas...) e instrumentos de medición para estudar as condicións do espazo lunar.
A Soiuz 7K-L1 tiña unha altura total de 4,88 m e unha masa de 5680 kg. O seu motor principal 11D58 proporcionaba un impulso de 4,17 kN. Tiña un volume habitable de 4 m3 e a electricidade era producida por paneis solares que xeraban ata 0,8 kW de potencia.
Historial de lanzamentos VooDataCentro de lanzamentoCargaResultadoNotas127 de setembro de 1967Cosmódromo de BaikonurZond 4aFallo222 de novembro de 1967Cosmódromo de BaikonurZond 4bFallo32 de marzo de 1968Cosmódromo de BaikonurZond 4Éxito422 de abril de 1968Cosmódromo de BaikonurZond 5aFallo5 - -Zond 5bDestruída nun accidente previo ao lanzamento.614 de setembro de 1968Cosmódromo de BaikonurZond 5Éxito710 de novembro de 1968Cosmódromo de BaikonurZond 6Éxito820 de xaneiro de 1969Cosmódromo de BaikonurZond 7aFallo97 de agosto de 1969Cosmódromo de BaikonurZond 7Éxito1020 de outubro de 1970Cosmódromo de BaikonurZond 8Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Proton K/D
Categoría:Programa Soiuz