A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.

Descrición

esquerda|miniatura|Estación de MeteoGalicia no monte Xesteiras (Cuntis e A Estrada). Co obxectivo de mellorar e optimizar o seu funcionamento, MeteoGalicia estrutúrase en catro áreas principais: Predición operativa Predición numérica Visualización Climatoloxía

MeteoGalicia desenvolve tamén modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas predicións meteorolóxicas. MeteoGalicia dispón dunha na que se poden atopar as distintas predición realizadas, as saídas dos modelos, datos meteorolóxicos e climatolóxicos, e máis información sobre as actividades do servizo. Hoxe en día ofrece unha das mellores predicións meteorolóxicas de Europa.

Desde 2001 realiza a previsión marítima xunto coa meteorolóxica. MeteoGalicia utiliza un sistema pioneiro de predición marítima e oceanográfica que permite predicir o estado do mar con catro días de antelación en dous tramos de día, de mañá e tarde; facilita así mesmo información específica sobre modelos de ondas costeiras e correntes, a dirección do vento, estado do mar, mar de fondo, altura de fondo, temperatura da auga, do ar e índice ultravioleta máximo.

As predicións marítimas fanse para cinco zonas: Costa Cantábrica, Ferrol - Bares, Ártabra, Costa da Morte e Rías Baixas, até 20 millas en mar aberto. Pódense ver as rías de forma independente.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Meteogalicia

Categoría:Meteoroloxía Categoría:Organismos da Xunta de Galicia Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia