O romance de Astrea e Celadón (en ) é un filme francés de 2007 dirixido por Éric Rohmer e protagonizado por Stéphanie Crayencour e Andy Gillet. Baséase na novela de Honoré d'Urfé L'Astree, e é o derradeiro filme dirixido por Rohmer. Estreouse en Francia o 5 de setembro de 2007.
Estreouse subtitulado en galego o 14 de novembro de 2020 a través da TVG.
Sinopse Na Galia do século V, o pastor Celadón namórase de Astrea. Crendo erradamente que Celadón lle fora infiel, Astrea destérrao da súa vista. Celadón lánzase ao río, mais é salvado por unha ninfa. Celadón intenta volverse atopar con Astrea.
Personaxes Andy Gillet como Céladon Stéphanie Crayencour como Astrée Cécile Cassel como Léonide Véronique Reymond como Galathée Rosette como Sylvie Jocelyn Quivrin como Lycidas Mathilde Mosnier como Phillis Rodolphe Pauly como Hylas Serge Renko como Adamas Arthur Dupont como Semyre Priscilla Galland como Amynthe
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Éric Rohmer Categoría:Filmes ambientados no século V Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego