Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nado en Roma o 23 de setembro do 63 a. C.Bringmann (2008), p. 15Southern (2024), p. 19 e finado en Nola o 19 de agosto do 14, foi o primeiro emperador romano. Gobernou desde o ano 27 a. C. ata a súa morte no 14 d. C.,Estas son datas contemporáneas; Augusto viviu baixo dous calendarios, o romano ata 45 a. C., e o xuliano despois do 45 a. C. Debido a discrepancias coas intencións orixinais de Xulio César, Augusto restaurou o calendario xuliano no 8 a. C., polo que a correspondencia entre o calendario xuliano proléptico e o actual calendario romano é incerta antes do 8 a. C. (Blackburn & Holford-Strevens, 2003: 670-1) tras un prolongado reinado de catro décadas. É coñecido por ser o fundador do Principado romano, que é a primeira fase do Imperio Romano, así mesmo é considerado un dos maiores líderes da historia da humanidade.

Nado baixo o nome de Caio Octavio (Gaius Octavius), foi adoptado polo seu tío avó Xulio César no seu testamento do ano 44 a. C. No 27 a. C. o senado romano concedeu a Octavio usar o cognomen de «Augusto», e por conseguinte converteuse en Emperador César Augusto (Imperator Caesar Augustus). Por mor dos varios nomes que ostentou, é común chamalo «Octavio» ao referirse aos sucesos acontecidos entre os anos 63 e 44 a. C. e «Augusto» despois do 27 a. C. Nas fontes gregas, Augusto é coñecido como Ὀκταβίος (romanizado «Octavíos», galeguizado «Octavio»), Καῖσαρ (romanizado «Kaisar», galeguizado «César»), Αὔγουστος (romanizado «Augoustos», galeguizado «Augusto») ou Σεβαστός (romanizado «Sebastós», galeguizado «Venerable», tradución literal de Augustus), dependendo do contexto.

O mozo Octavio converteuse en herdeiro de Xulio César tras o asasinato deste no 44 a. C. Un ano despois, no 43 a. C., conformou xunto con Marco Antonio e Lépido unha ditadura militar coñecida como o Segundo Triunvirato. Como triunviro, Octavio gobernou Roma e a maior parte das súas provinciasAlgunhas provincias seguiron sendo gobernadas directamente polo senado romano. como un autócrata, facéndose co poder consular tras as mortes dos cónsules Aulo Hircio e Caio Vibio Pansa e facéndose reelixir a si mesmo todos os anos. Tempo despois, o triunvirato iríase rompendo ante as ambicións dos seus creadores: Lépido foi obrigado a exiliarse, mentres que Marco Antonio terminou suicidándose tras a súa derrota na batalla naval de Accio fronte á frota de Octavio, dirixida por Agripa no 31 a. C.

Coa desaparición do Segundo Triunvirato, Octavio restaurou os principios da República, co que o poder gobernamental pasou a establecerse no Senado, aínda que na práctica el retería o seu poder autocrático. Pasaron varios anos para que se chegase a determinar a estrutura exacta pola cal unha entidade republicana podería ser dirixida por un único gobernante; o resultado pasou a coñecerse como o Principado. O título imperial nunca chegou a considerarse como un cargo similar ao que significara a ditadura romana da República, e que César e Sila ostentaran con anterioridade; Augusto rexeitou formalmente devandito cargo despois de que a sociedade romana «rogáselle que asumise a ditadura».Gruen (2005), p. 35. Por lei, Augusto contaba con toda unha colección de poderes perpetuos conferidos polo Senado, incluíndo aqueles relativos ao tribuno da plebe e o censor. Ocupou o consulado ata o ano 23 a. C.Dion (1987), p. 153. Doutra banda, o seu poder real foi crecendo grazas ao seu poder económico e aos recursos obtidos das súas conquistas, creando relacións de clientela ao longo do Imperio romano,O «estado cliente» é un dos varios termos utilizados para describir a subordinación dun estado a outro máis poderoso en cuestións internacionais. É o menos específico dos devanditos termos, e máis ben puidese ser tratado como unha categoría ampla na que se inclúen outros conceptos tales como o Estado_satélite, Estado_asociado, Estado_monicreque, neocolonia, Protectorado, e Estado_vasallo (tamén coñecido como estado tributario). Un dos usuarios máis prolíficos deste tipo de clientelismo foi a república de Roma que, no canto de conquistar e absorber territorios para así dar forma a un imperio, optou por converter en estados clientes aqueles territorios que ía derrotando, unha política que prevalecería aproximadamente ata o século I d. C., cando comezou a exercerse en Roma o dominio imperial. e gañándose a lealdade de moitos soldados e veteranos militares, a autoridade implícita nas moitas honras e títulos que lle eran concedidos polo Senado,Eck & Takács 2003, p. 3. e o respecto da xente. O control de Augusto sobre a maioría das lexións de Roma existentes supuxo unha ameaza armada que podía ser usada contra o Senado, permitíndolle desta forma coaccionar as decisións do mesmo. Con este poder para eliminar a oposición senatorial mediante o uso de armas, o Senado pasou a adoptar un perfil dócil cara ao seu status soberano. O seu reinado por medio do clientelismo, o poder militar e a acumulación dos cargos propios da extinta República, converteuse no modelo para seguir para os posteriores gobernantes.

O mandato de Augusto iniciou unha era de paz relativa coñecida como a Pax romana ou Pax Augusta (na súa honra). Agás polas constantes guerras fronteirizas, e coa excepción dunha guerra civil de sucesión imperial que durou un ano, a sociedade do Mediterráneo gozou dun ambiente pacífico durante máis de dous séculos. De igual forma, Augusto expandiu o Imperio romano, asegurando no proceso as súas fronteiras mediante a subordinación a Roma das rexións circundantes. Ademais, celebrou un acordo de paz co Imperio parto —o máis poderoso dos seus veciños— pola vía diplomática, reformou o sistema tributario romano, desenvolveu redes de camiños que contaban cun sistema oficial de mensaxería, estableceu un exército permanente (así como un pequeno corpo de mariña), e creou a Garda Pretoriana xunto a forzas policiais de seguridade, tanto para manter a orde como para combater os incendios en Roma. Resulta destacable engadir que gran parte da cidade reconstruíuse baixo o seu reinado.

Tras a súa morte en 14 d. C., o Senado o divinizouno, sendo posteriormente adorado polo pobo romano.Eck & Takács 2003, p. 124. A maneira de legado, os seus nomes «César» e «Augusto» serían adoptados por todos os emperadores posteriores, e o mes de Sextilis sería renomeado «Agosto» na súa honra. Así mesmo, os seus logros son relatados nun documento coñecido como Res Gestae Divi Augusti que, a pedimento do propio Augusto, foi gravado nun par de piares de bronce e colocado enfronte do seu mausoleo, chegando tempo despois a tallarse en gran cantidade de edificacións, moitas das cales sobreviviron. Con todo, este material é considerado pouco obxectivo historicamente, e máis ben é tratado como un escrito publicitario cuxo obxectivo é ofrecer unha visión idílica do principado exercido por Augusto. Tras un longo proceso para liquidar os problemas ao redor do seu herdeiro, César Augusto foi sucedido polo seu fillastro Tiberio. Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa esposa Livia.

Nomes Ao longo da súa vida, Augusto foi coñecido por moitos nomes: Ao nacer, foi chamado Caio Octavio (Gaius Octavius) en homenaxe ao seu pai biolóxico. Os historiadores adoitan referirse a el simplemente como Octavio entre o seu nacemento no 63 a. C. e a súa adopción por Xulio César en 44 a. C. (despois da morte de Xulio César); Na súa adopción por César, tomou o nome do seu pai adoptivo e converteuse en Caio Xulio César Octaviano (Caius Julius Caesar Octavianus), segundo o estándar romano de nomeamento por adopción. Deixou "Octaviano" rapidamente e os seus contemporáneos referíronse a el como "César" durante o período, pero os historiadores seguen a chamarlle Octavio entre e ; No , Octavio iniciou o templo do Divino Xulio, ou templo do Cometa Estelar, e engadiu "Fillo do Divino" (Divi Filius) ao seu nome, co obxectivo de fortalecer os seus lazos políticos cos antigos soldados do César, despois da súa deificación, converténdose en Caio Xulio César, Fillo do Divino (Gaius Julius Caesar Divi Filius); No , Octavio substituíu o seu nome "Caius" e o seu nome "Xulius" por "Emperador" (Imperator), o título co que as tropas saudaban ao seu líder tras un éxito militar, converténdose oficialmente en "Emperador César, Fillo do Divino" (Imperator Caesar Divi Filius). No , tras a derrota de Marco Antonio e Cleopatra, o senado romano votou novos títulos para el, quen se converteu oficialmente en "Emperador César, Fillo do Divino, Augusto" (Imperator Caesar Divi Filius Augustus).O nome final de Augusto tiña un significado equivalente de "Comandante César, Fillo do Divino, o Emperador". Foi nos acontecementos de cando obtivo o seu nome tradicional de Augusto, que os historiadores empregan para referirse a el desde este momento ata a súa morte en.

Traxectoria

Antecedentes familiares Era fillo de Caio Octavio, un negociante pertencente ao Ordo Equestris, que pertencía á gens Octavia, unha rica familia de Velitrae,Suetonio, Augustus, 1Suetonio, Augustus, 94Bringmann (2008), p. 15 actual Velletri, que estaba situada a preto de 40 quilómetros de Roma. Caio foi o primeiro da gens en obter cargos públicos e un lugar no Senado (polo tanto, era un homo novus).Suetonio, Augustus, 94 Con todo, a nai, Acia a Maior, procedía dunha familia de rango senatorial e de nacemento ilustre durante varias xeracións. De feito, estaba emparentada tanto con Xulio César como con Cneo Pompeio, o Grande;Wells 1995 máis concretamente, era filla da irmá de César, Xulia a Menor, e de Marco Acio Balbo; polo que Octavio, era bisneto de César.Suetonio, Augustus, 4

Primeiros anos miniatura|upright|Acia segundo o Promptuarii Iconum Insigniorum Augusto xa naceu na urbs o 23 de setembro do 63 a. C. (9 das calendas de outubro),máis concretamente na zona chamada Curis Veteribus (en galego, Curias Vellas), nunha mansión situada no outeiro Palatino, moi preto do Foro Romano e do Arco de Tito (nunhas escavacións de 2011, atopouse a que se cría que podería ser a súa casa natal).

Cando naceu, foi chamado Gaius Octauius. Segundo Suetonio, posteriormente se lle engadiu o cognomen ThurinusSuetonio, Vida de Octavio Augusto V-VII. (Caio Octavio Turino) sendo a denominación "Turino" unha probable referencia á vitoria do seu pai en Turios sobre unha rebelión de escravos no 60 a. C. Debido á superpoboación de Roma naquel momento, Octavio foi levado á cidade natal do seu pai, Velitrae, para ser criado alí. Nas súas Memorias, o futuro emperador só fai unha breve referencia á súa familia natural da orde ecuestre: o seu bisavó paterno servira como tribuno militar en Sicilia, baixo o mando de Lucio Emilio Papo, durante a Segunda guerra púnica, mentres que o seu o avó exerceu en varios cargos políticos rexionais. O seu pai, tamén chamado Caio Octavio, foi pretor e gobernador de Macedonia,Rowell (1962), p. 14Suetonio, Vida de Octavio Augusto, I-IV. (O Marco Octavio, que vetou a lei agraria proposta por Tiberio Graco no 133 a.C., posiblemente fose o seu devanceiro). e a súa nai, Acia, era sobriña de Xulio César, quen o adoptou no 45 a. C. e designouno herdeiro seu.