A chave secreta (en ) é un filme erótico italiano de 1983 dirixido por Tinto Brass. Ambientado en Venecia durante o réxime fascista nos primeiros meses do ano 1940, narra a historia dunha muller duns corenta anos que non pode corresponder ao seu marido, mais experimenta un espertar sexual tardío co prometido da súa filla, o que lle permite por fin compracer ao seu marido. O filme causou escándalo nalgúns sectores porque contén varias tomas explícitas de espidos (considerados por certos críticos como "xinecolóxicos") e escenas de sexo coa recoñecida actriz Stefania Sandrelli. Porén, o filme obtivo un certo nivel de éxito comercial.

Estreouse subtitulado en galego o 5 de decembro de 2020 a través da TVG.

Personaxes Stefania Sandrelli como Teresa Rolfe Frank Finlay como Nino Rolfe Barbara Cupisti como Lisa Rolfe Franco Branciaroli como Laszlo Apony Ricky Tognazzi como un estudante Ugo Tognazzi como un bébedo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Tinto Brass Categoría:Filmes ambientados en Venecia Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes de 1983 con versión en galego