Isabelle Eberhardt, nada en Xenebra o 17 de febreiro de 1877 e finada en Aïn Séfra (Alxeria) o 21 de outubro de 1904, foi unha exploradora e escritora suíza que viviu e viaxou polo Norte de África. Para a súa época, foi unha persoa libre que rexeitaba a moral europea, que seguía o seu propio camiño no islam e que escribiu varios libros das súas viaxes por África. Morreu nunha inundación repentina no deserto á idade de 27 anos.
Traxectoria Antecedentes e viaxe a África Eberhardt naceu en Xenebra (Suíza), filla de Nathalie Moerder (de solteira Eberhardt, que era filla ilexítima dun alemán luterano e unha xudía rusa de clase media) e do seu amante Alexandre Trophimowsky, un antigo sacerdote ortodoxo anarquista orixinario de Armenia. A nai de Isabelle, Nathalie, estivo casada co senador Pavel Karlovitch de Moerder, corenta anos máis vella ca ela, quen mantiña conexións co imperio. De Moerder contratou a Trophimowsky como titor dos seus fillos Nicolas, Nathalie e Vladimir. Arredor de 1871, Nathalie colleu os seus fillos e abandonou o seu marido por Trophimowsky, que deixara a súa propia esposa e familia. Marcharon a Rusia, Turquía e Italia antes de establecerse en Xenebra. Nathalie deu a luz outra vez pouco despois de chegar a Xenebra o medio irmán de Isabelle, Augustin, e catro meses máis tarde chegoulle a noticia de que o seu esposo morrera dun ataque ao corazón. Nathalie decidiu quedar en Suíza e catro anos despois naceu Isabelle e foi rexistrada como filla "ilexítima" para evitar recoñecer a paternidade do titor.
A pesar diso, Isabelle foi educada adecuadamente. Falaba fluídamente en francés, ruso, alemán e italiano. Aprendeu latín e grego e estudou árabe clásico, ademais de ler o Corán co seu pai; grazas a todo iso volveuse fluída en árabe.Crítica de Eve Auchincloss de The Life of Isabelle Eberhardt de Annette Kobak Knopf. Washington Post, 21 de maio de 1989 Desde moi temperá idade prefería vestirse como un home para gozar a liberdade que isto lle permitía.Kobak, Annette, Isabelle: The Life of Isabelle Eberhardt. London: Chatto & Windus; Nova York: Alfred A. Knopf, 1988; Londres: Virago Classic, 1998.
En 1888 o seu medio irmán Augustin foi á Lexión Estranxeira Francesa e foi asignado a Alxeria. Isto espertou o interese de Isabelle por Oriente e comezou a aprender árabe. A súa primeira viaxe ao norte de África foi coa súa nai en maio de 1897. Aínda que planeaban reunirse con Augustin, tamén estaban a considerar comezar unha nova vida alí e converterse ao islam, cumprindo así un antigo soño. Con todo, a súa nai morreu repentinamente en Annaba e foi enterrada alí baixo o nome de Fatma Mannoubia.
Trophimowsky, o pai de Isabelle, morreu en Xenebra en 1899 de cancro de gorxa coidado por Isabelle, e isto seguira ao suicidio do seu medio irmán Vladimir un ano antes, e o matrimonio de Augustin cunha muller francesa coa que Isabelle non tiña nada en común (ela escribiu: «Augustin está dunha vez por todas dirixido nos camiños trillados da vida»), polo que se cortaron todos os vínculos da súa vida anterior. De aquí en diante, como describiu nos seus diarios, Isabelle Eberhardt pasou o resto da súa vida en África, explorando o deserto e facendo do norte de Alxeria o seu novo fogar.
Viaxes espirituais miniatura|180px|esquerda|Eberhardt fotografiada por Louis David con roupa árabe Vestida como home e facéndose chamar Si Mahmoud Essadi, Eberhardt mergullouse na cultura árabe cunha liberdade que doutro xeito non coñecería. Converteuse ao islam, o que considerou o seu verdadeiro obxectivo na vida.
Nas súas viaxes fixo contacto cunha orde sufí, a Qadiriyyah, quen estaban dedicados a axudar os pobres e necesitados ao mesmo tempo que loitaban contra as inxustizas do réxime colonial. A principios de 1901, foi atacada en Behima por un home cun sabre, nun aparente intento de asasinala, deixándoa case sen un brazo. Máis tarde perdoou o home e salvouno de ser executado. Casou con Slimane Ehnni, un soldado alxeriano, en Marsella o 17 de outubro de 1901.
O 21 de outubro de 1904, Eberhardt morreu nunha inundación en Aïn Séfra (Alxeria). Ao reunirse co seu marido despois de estar separada un longo tempo, alugou unha casa para a ocasión. A casa, construída de arxila, derrubouse sobre a parella durante a inundación; o seu marido foi arrastrado, mais sobreviviu. Foi enterrada de acordo aos ritos islámicos en Aïn Séfra. Na súa tumba en mármore aparecen gravados o nome árabe que adoptou e o seu nome orixinal francés. Slimane Ehnni morreu en 1907.
Obras Eberhardt escribiu sobre as súas viaxes en moitos libros e xornais franceses. Traballou como reporteira de guerra no sur de Orán en 1903.
"Dans l'ombre chaude de l'Islam" (París: Fasquelle, 1906) "Notes de route: Maroc-Algérie-Tunisie" (París: Fasquelle, 1908) "Au Pays des sables" (Bône, Alxeria: Em. Thomas, 1914) "Pages d'Islam" (París: Fasquelle, 1920) Trimardeur (París: Fasquelle, 1922) "Mes journaliers; précédés de la Vie tragique de la bonne nomade par René-Louis Doyon" (París: La Connaissance, 1923) "Amara le forçat; L'anarchiste: Nouvelles inédites" (Abbeville: Frédéric Paillard, 1923) "Contes et paysages" (París: La Connaissance, 1925) "Yasmina et autres nouvelles algériennes" (París: Liana Levi, 1986) "Ecrits sur le sable" (París: Éditions Grasset, 1988) "Rakhil: Roman inédit" (París: La Boîte à documents, 1990) "Un voyage oriental: Sud Oranais" (París: Le Livre de Poche, 1991) "Amours nomades" (París: Éditions Gallimard, 2003)
Na cultura popular Eberhardt foi interpretada por Mathilda May no filme de 1991 Isabelle Eberhardt, que coprotagonizou Peter O'Toole como un oficial colonial francés.Isabelle Eberhardt(1991) at Turner Classic Movies Leslie Thornton dirixiu unha biografía en 1988, There Was An Unseen Cloud Moving, con sete actrices non profesionais interpretando a Eberhardt. O 24 de febreiro de 2012, estreouse na cidade de Nova York unha ópera composta por Missy Mazzoli, Song from the Uproar: The Lives and Deaths of Isabelle Eberhardt. Isabelle Eberhardt é mencionada nunha canción de Jolie Holland "Old Fashioned Morphine", que apareceu no seu segundo álbum, Escondida. Timberlake Wertenbaker escribiu a obra de teatro New Anatomies sobre Isabelle Eberhardt. Visions Of IsabelleISBN 0-440-09315-5 por William Bayer é un relato de ficción sobre a vida de Isabelle Eberhardt.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Xenebra Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1904 Categoría:Escritores de Suíza Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Exploradores