The Cable Guy é un filme estadounidense de 1996 dirixido por Ben Stiller. Está protagonizado por Jim Carrey e Matthew Broderick. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 14 de xuño de 1996. O resto do elenco está composto por Leslie Mann, Jack Black, George Segal, Diane Baker, Eric Roberts, Owen Wilson, Janeane Garofalo, David Cross, Andy Dick, Ben Stiller e Bob Odenkirk.

No filme, Carrey interpreta un excéntrico instalador de televisión por cable que se volve excesivamente intrusivo na vida dun cliente, interpretado por Broderick. O filme foi un éxito de recadación, ao igual que outros filmes anteriores de Carrey. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, aínda que se converteu nun filme de culto.

Personaxes Jim Carrey como Cable Guy AKA Ernie "Chip" Douglas Matthew Broderick como Steven M. Kovacs Leslie Mann como Robin Harris George Segal como Earl Kovacs Jack Black como Rick Legatos Diane Baker como Mrs. Kovacs Ben Stiller como Sam Sweet/Stan Sweet Eric Roberts como el mesmo Owen Wilson como cita de Robin Charles Napier como oficial de policía Janeane Garofalo como camareira do restaurante medieval David Cross como Director de vendas Andy Dick como presentador do restaurante Amy Stiller como Joan Bob Odenkirk como Pete Kovacs Kyle Gass como Couch Potato

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ben Stiller Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes producidos por Judd Apatow Categoría:Filmes de Columbia Pictures