Soiuz TMA-17 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 20 de decembro de 2009 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-17 foi lanzada cos cosmonautas Timothy Creamer, Oleg Kotov e Soichi Noguchi a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-130, STS-131 e STS-132 e dos cargueiros Progress M-04M e Progress M-05M. A nave regresou o 2 de xuño de 2010 á 3:25 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Satoshi Furukawa, Anton Shkaplerov e Douglas Wheelock.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz