O golpe de estado en Tailandia en 2006 tivo lugar o 19 de setembro, Intento de golpe de Estado en Tailandia en BBC Mundo. Consultado o 13 de setembro de 2011. e foi levado a termo por un grupo de militares pertencentes a forzas especiais integradas no Real Exército Tailandés durante a ausencia do Primeiro ministro, Thaksin Shinawatra, e logo dunha lenta crise larvada desde xaneiro polas operacións financeiras persoais de Thaksin. O golpe de estado produciuse un mes antes da convocatoria de eleccións xerais que estaba prevista para o día 15 de outubro. A xunta militar suspendeu a Constitución, disolveu o Parlamento e o Tribunal Constitucional e decretou a lei marcial.
Os golpistas declararon a súa lealdade ao rei Bhumibol Adulyadej e a creación dun "Consello Administrativo para a Reforma" que asumiu os poderes executivos e lexislativos e que foi recoñecido oficialmente como «goberno provisional» polo Rei o 22 de setembro. Entre as demais medidas adoptadas polas autoridades militares encontrábase a creación dunha Comisión Anticorrupción dirixida polo Presidente do Tribunal Supremo de Tailandia, que investigaría as operacións económicas e financeiras do gabinete deposto e dos seus familiares, con capacidade para formular acusacións e requisar bens. Detivéronse varios ministros que ficaron no país, así como dirixentes do partido do Primeiro Ministro, Thai Rak Thai.
A comunidade internacional reaccionou condenando o golpe de estado de maneira case xeral, aínda que con distintos matices. Estados Unidos, a Unión Europea e Rusia mostráronse contrarios e solicitaron un inmediato restablecemento da legalidade e regreso á democracia; China manifestou que, conforme á súa política de non inxerencia, non se pronunciaba sobre a situación; as Nacións Unidas, a través do seu Secretario Xeral, Kofi Annan, pediron o retorno á normalidade democrática.
A Bolsa de Nova York e outras da zona asiática reaccionaron con baixas xeneralizadas no primeiro día do golpe de estado, aínda que estas estabilizaron no transcurso da semana seguinte. O Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial amosaron a súa preocupación, mais descartaron un impacto notábel sobre a economía da zona.
As organizacións de dereitos humanos como Human Rights Watch, a Comisión Asiática de Dereitos Humanos e Amnistía Internacional, criticaron con dureza o golpe e a consecuente limitación de dereitos fundamentais como a liberdade de prensa e a liberdade de expresión.
No ámbito interno, os resultados das enquisas elaboradas os días inmediatamente posteriores á asonada, daban un masivo apoio da poboación á mesma, aínda que tamén se produciron manifestacións, limitadas máis ben á capital, Bangkok. Activistas procedentes de distintas universidades contrarios ao golpe, pero tamén ao propio Thaksin, opuxéronse á sublevación e aos recortes das liberdades públicas. A economía tailandesa viuse afectada por un descenso continuado da bolsa de valores de Bangkok desde o día 21 de setembro e a depreciación da moeda, o baht, se ben os analistas destacaron que a situación só mantería efectos negativos no cuarto trimestre do ano 2006, esperándose tamén que fose menor que nas anteriores crises políticas do país. Todas as previsións apuntaban cara a unha recuperación no 2007.
O 1 de outubro aprobouse unha Constitución provisional que foi asinada e ratificada polo Rei e nomeouse Primeiro Ministro interino ao xeneral retirado, Surayud Chulanont, quen dirixiu o goberno provisional.
Acontecementos Rumores antes do golpe de estado Os días e meses anteriores ao golpe de estado —desde a celebración das eleccións do 2 de abril, máis tarde invalidadas polos tribunais— circularon rumores sobre un posíbel intento militar. En maio, o xeneral Sonthi Boonyaratglin aseguraba que os militares non intervirían na situación política. O 20 de xullo, unha centena de oficiais leais ao Primeiro Ministro Thaksin, que lle manifestaron a súa adhesión, foron reasignados en diferentes destinos polo Alto Mando, o que acentuou as sospeitas de que se estaban dividindo aos membros segundo a súa lealdade ao Goberno. En agosto, producíronse movementos de tanques onda Bangkok, pero os militares indicaron que eran simples manobras de rutina. A principios de setembro, a policía detivo a cinco militares tras interceptar a un deles cunha bomba no interior dun vehículo. O mesmo 14 de setembro, o xeneral Sonthi reiteraba a súa posición contraria á intervención militar. Thai arrests over Thaksin plot, BBC News, 7 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.
19 de setembro Entre as 18:30 e as 21:00, hora local, unidades dos Corpos Especiais do Exército Tailandés procedentes da II Rexión Militar, dirixíronse desde a provincia de Lopburi cara Bangkok. Arredor das 21:30 horas, a radio estatal interrompeu as súas emisións na capital, e o canal 5 de televisión, rexido polo Exército, substituíu a programación habitual por imaxes de arquivo da Familia Real Tailandesa e música. El Ejército Tailandés da un golpe de Estado en ausencia del primer ministro en elmundo.es. Consultado o 13 de setembro de 2011. Inmediatamente despois, a programación nos outros catro canais de ámbito nacional foron suspendidas. Ao mesmo tempo, estendéronse os rumores de que o Viceprimeiro Ministro, Chitchai Wannasathit, e o Ministro de Defensa, Thamarak Isarangura, foran detidos. Ás 21:40 horas, comandos do Exército chegaron á residencia do Primeiro Ministro Thaksin Shinawatra, mentres carros de combate se despregaban e tomaban posicións na capital e nos seus arrabaldes. Unha decena de tanques cercou a sede do Goberno e unidades de infantaría ocupárona. Entre as 22:15 e as 23:00 horas, o Primeiro Ministro, que se encontraba en Nova York asistindo á Asemblea Xeral das Nacións Unidas, decretou por teléfono o estado de emerxencia e ordenou a destitución do Comandante en Xefe do Exército, quen estaba dirixindo o golpe, o xeneral Sonthi Boonyaratglin. Este á súa vez asumiu de facto o goberno, declarou a lei marcial, revogou a Constitución vixente desde 1997, disolveu a Asemblea Nacional de Tailandia e o Tribunal Supremo. Tailandia.- El comandante del Ejército asume el poder, declara la ley marcial y revoca la Constitución, Europa Press, 19 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011. Nun intento por frear o golpe, tropas leais ao Primeiro Ministro Thaksin tomaron posicións noutros edificios gobernamentais, aínda que finalmente non lle prestaron oposición aos sublevados. Ás 23:00 horas, a Comandancia Suprema das Reais Forzas Armadas, seguindo ordes do xeneral Ruangroj Mahasaranon, ordenáballe a todas ás unidades, pouco antes de interromper a programación do seu canal de televisión, que estiveran atentas ao anuncio oficial que se fixo público poucos minutos despois:
Pouco despois ampliábase o comunicado para xustificar o golpe de estado:
Desde o inicio das operacións militares ás 18:30, até a toma da capital, o control das institucións públicas e a comunicación á poboación do golpe de estado pasaron, aproximadamente, catro horas e media. Coup as it unfolds , The Nation, 20 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.
Creouse un Consello para a Reforma Democrática baixo a Monarquía Constitucional (posteriormente denominado simplemente Consello para a Reforma Democrática ) para evitar suspicacias con respecto á situación da Monarquía, ante o que debían presentarse ao día seguinte todas as altas autoridades dos ministerios e funcionarios de maior rango, e que asumía o poder executivo colexiado até a transición política. O portavoz do Exército comunicaba que o xeneral Sonthi asumía todas as facultades como Primeiro Ministro interino. El general golpista asume como Primer Ministro interino Europa Press, 19 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.
Segundo diversas fontes, ese mesmo día os xefes dos tres exércitos (Terra, Aire e Armada) reuníronse co Rei para propor un gabinete co xeneral Surayud Chulanont, home de confianza do conselleiro real Prem Tinsulanonda, como Primeiro Ministro interino. Los jefes militares se reúnen con el Rey para proponer gobierno en Terra Actualidad, o 19 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011. miniatura|150px|Un soldado tailandés armado.
20 de setembro Durante a madrugada do 19 ao 20 de setembro emitiuse un terceiro comunicado do Consello para a Reforma Democrática no que se decretaba, agora de forma colexiada, a lei marcial, disolvíase o Parlamento e o Tribunal Constitucional, abolíase a Constitución de 1997 e confirmábase a detención dos ministros Chitchai e Thammarak. Thai coup leader delays elections for a year, USA Today, 20 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.
Na mañá do mércores, 20 de setembro, as páxinas web dos diarios máis importantes do país (Bangkok Post, The Nation e Thai Rath) daban a noticia do golpe de estado con aparente normalidade de funcionamento (Bangkok Post e The Nation mantiñan duras críticas periodísticas contra o goberno de Thaksin). A web de Daily News en Tailandia incluía unha ampla cobertura gráfica das operacións militares, o que suxería nun primeiro momento que non fora imposta ningún tipo de censura xornalística. Pero horas máis tarde, os canais de noticias de medios en inglés, como CNN e BBC, non puideron seguir dándolle información á poboación tailandesa e todos os medios do país foron sometidos a censura.<ref>[http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/news/newsid_5362000/5362690.stm Tailandia: Golpistas devolverán poder] en BBC, 20 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.</ref>
O xeneral Sonthi asegurou, pola mañá, durante unha conferencia televisiva, que a duración do novo goberno sería de tan só dúas semanas, tempo no que se elaboraría unha nova Constitución, aínda que non se especificou como ía ser. Afirmou que, ao final de dito prazo, se daría paso a un goberno provisional por determinar e que ficaba suspendida durante un ano a celebración de comicios, previstos para o 15 de outubro. Sonthi explicou que as funcións executivas as estaba a exercer o Consello de Reforma Administrativa que el mesmo presidía e anunciou que o anterior Primeiro Ministro, «podería ser perseguido pola xustiza».
Mentres que se lle comunicaba á poboación as primeiras medidas do Consello e a intención do mesmo de permanecer só dúas semanas no poder, suxeriuse desde The Nation e outros medios, que o Gobernador do Banco de Tailandia, Pridiyathorn Devakula, que se encontraba en Singapur nunha reunión do Fondo Monetario Internacional, podía ter aceptado ser o Xefe do Goberno provisional. Los golpistas tailandeses aseguran que cederán el poder en dos semanas, 20 minutos, 20 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.Gobernador Banco de Tailandia será Primer Ministro, dice diario, Terra Actualidad, 20 de setembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2011.
No transcurso da mañá, o rei Bhumibol Adulyadej, expresou por medio dun anuncio televisivo do seu portavoz, o seu apoio ao líder do golpe nos seguintes termos:
Esa tarde, o xeneral Sonthi anunciou que fora nomeado oficialmente polo Rei como Xefe do Consello para a Reforma Democrática, prometendo a restauración da democracia.
Tamén pola tarde, o deposto Primeiro Ministro Thaksin voou de Nova York a Londres, para instalarse na súa residencia de Kensington. Antes de partir declarou que non predixera estes acontecementos, e que chegara aos Estados Unidos como Primeiro Ministro e que se ía como un desempregado.
21 de setembro miniatura|200px|Lazos amarelos (cor símbolo do rei Bhumibol) enfeitan a boca dos fusís dos soldados.