Soiuz TMA-8 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 30 de marzo de 2006 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-8 foi lanzada cos cosmonautas Marcos Pontes, Pavel Vinogradov e Jeffrey Williams a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Zaria e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-121 (o primeiro voo dun transbordador despois do accidente do Columbia) e STS-115 e dos cargueiros Progress M-56 e Progress M-57. Regresou o 29 de setembro de 2006 con Vinogradov, Williams e Anousheh Ansari.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz