A metamorfose dos paxaros (en ) é un filme portugués de 2020 dirixido por Catarina Vasconcelos e producido pola compañía Primeira Idade. Estreouse internacionalmente na 70ª edición do Festival de Berlín en febreiro de 2020, onde foi galardoado co premio FIPRESCI ó mellor filme na sección "Encounters". O filme foi financiado polo Instituto do Cinema e do Audiovisual e por RTP.
Estreouse subtitulado en galego o 10 de marzo de 2021, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña). Foi traducido por Samuel Solleiro.
Foi escollido como candidato de Portugal para o Óscar ao mellor filme internacional na 94ª edición dos premios.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Portugal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes de 2020 con versión en galego