Alicia Fernández Calvete, nada en Cariño en 1925 e finada en 2018, foi unha das primeiras odontólogas de España.Pintos (2021) Traxectoria Alicia Fernández Calvete era filla de mestres. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela obtendo unhas brillantes cualificacións, mentres que a súa irmá Marianela estudou Farmacia. Alicia despois marchou a Madrid para licenciarse en estomatoloxía na Universidade Central en 1953. En Madrid tamén formouse en odontoloxía no Gran Hospital.
Iniciou a súa actividade profesional en Ortigueira, e logo abriu unha consulta na rúa Juan Flórez da Coruña, onde traballaría até a súa xubilación.
En 2012 foi recoñecida pola cidade da Coruña como unha pioneira na súa profesión.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
Outros artigos Irene Álvarez Veras María Coro Clavero Josefina Areses Ruth Selbman
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Médicos de Cariño Categoría:Odontólogos de Galicia Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2018