Sangue fácil (en ) é un filme estadounidense de 1984 escrito, editado, producido e dirixido por Joel e Ethan Coen, e está protagonizado por John Getz, Frances McDormand, Dan Hedaya e M. Emmet Walsh. Conta a historia dun camareiro de Texas que se atopa no medio dunha trama de asasinato cando o seu xefe descobre que ten unha aventura coa súa muller. Foi o debut na dirección dos irmáns Coen e o primeiro como fotógrafo de Barry Sonnenfeld, que máis tarde se converteu en director, así como o debut na longametraxe da esposa de Joel Coen, McDormand, que continuou para protagonizar moitos dos seus filmes.

Estreouse en galego o 1 de maio de 1993 na TVG.La Voz de Galicia, 1 de maio de 1993. Páx. 87

Personaxes John Getz como Ray Frances McDormand como Abby Dan Hedaya como Julian Marty M. Emmet Walsh como Lorren Visser Samm-Art Williams como Meurice

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joel e Ethan Coen Categoría:Filmes rodados en Austin, Texas Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1984 con versión en galego