dereita|miniatura|390x390px|Jackie posando co seu uniforme para unha estampa.

Jackie foi un babuíno (Papio ursinus) que formou parte do exército de Suráfrica durante a primeira guerra mundial. Entrou a formar parte nesta logo de que chamasen a filas o seu dono e este non quixese deixar a Jackie na casa. O animal sufriu varias lesións de diversa consideración durante a contenda, entre as que destacan un tiro no ombreiro e a amputación da pata dereita. Ao acabar a guerra outorgáronlle o rango militar de cabo, e a Medalla ao Servizo Civil de Pretoria. Un ano despois faleceu na casa debido a un incendio.

Traxectoria

Comezos A historia de Jackie entre os humanos comeza a comezos da década de 1910, cando un home surafricano, Albert Marr, o atopa preto da súa granxa. O home capturaría o animal e comezaría a adestralo ata se volver "un membro máis da familia".

Durante a primeira guerra mundial

Jackie levaba anos vivindo na granxa dos Marr cando estourou a Primeira guerra mundial. No 1915, Albert Marr foi chamado a filas, mais negouse a abandonar a Jackie na casa. Para sorpresa de todos, os superiores de Marr transixiron e alistaron a Jackie como mascota do Terceiro Rexemento de Infantaría de Suráfrica (Transvaal) e así ambos puideron seguir xuntos. Jackie recibiu un uniforme e unha gorra oficiais, a súa parte do racionamento, e un caderno de pagamentos. Sabía saudar os seus superiores e prender cigarros. Tamén era quen de permanecer en posición firme, coma o resto dos soldados. Grazas aos seus agudos sentidos, foi moi útil nas gardas nocturnas. De feito, Jackie adoitaba ser o primeiro en advertir un ataque próximo ou a presenza de inimigos nos arredores.

Jackie e Marr sobreviviron á Batalla do Bosque de Delville, encadrada na Ofensiva do Somme, que tivo un índice de baixas aproximado dun 80%.

No 26 de febreiro de 1916, cando Albert Marr e Jackie servían en Exipto, durante a Batalla de Agagia, o home recibiu un disparo no ombreiro, e Jackie permaneceu ao seu lado, lambéndolle as feridas, ata que foron rescatados.

Durante o tempo que serviu no exército, Jackie recibiu as súas propias racións, que comía cos seus garfo e coitelo. Tamén tiña almofía de seu. Cando o rexemento adestraba ou marchaba, Jackie estaba canda eles, coma un máis.

O animal pasou tempo nas trincheiras francesas e mesmo tentou construír un valo arredor para protexerse do fogo inimigo, pero un día un cacho de metralla procedente dunha explosión voou por riba do muro e feriuno na pata e no brazo. Cando os padioleiros tentaron levalo, este rexeitounos ata que rematou de construír o valo. Os médicos tratárono pero estaba malferido, polo que finalmente decidiron que había que lle amputar a pata. Con todo, foi quen de sobrevivir ás lesións, ante a sorpresa dos doctores.

Outorgáronlle unha medalla ao valor por aquel episodio e ascendérono de soldado raso a cabo. Unha vez rematou a guerra, as autoridades licenciárono en Cidade do Cabo. Jackie non foi o único babuíno que serviu no exército de Suráfrica, pero si foi o único que acadou un rango de cabo ou superior.

Tras a primeira guerra mundial

Ao rematar a Primeira guerra mundial, Alber Marr e Jackie volveron a Suráfrica. En maio de 1921 a granxa sufriu un incendio, no que faleceu o animal. Marr morreu con 84 anos, no 1973.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas 15 dos animais militares máis valentes que serviron ao seu país . Jackie: o soldado babuíno surafricano da primeira guerra mundial .

Categoría:Animais famosos reais Categoría:Primeira guerra mundial