José Rodríguez Gerpe, nado en Santiago de Compostela cara a 1894 e finado no mesmo concello o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Foi mineiro e despois peón. Membro do Sindicato de Peóns de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi detido en 1937. Xulgado en Compostela por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 7 de marzo de 1938 con Antonio Caldelas e Jesús Regueiro Bueno.El Eco de Santiago, 7-3-1938, p. 2. Notas

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1938