Falange Española de las JONS é o nome de varios partidos falanxistas:
Falange Española de las JONS, partido constituído en 1934 por Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista baixo a dirección de José Antonio Primo de Rivera; Falange Española de las JONS, constituído en 1976, principal partido falanxista en España desde a transición; Falange Española de las JONS (Auténtica), partido falanxista en oposición ó franquismo que xurdiu no tardofranquismo e que tivo que engadir o termo auténtica por razóns legais para poder concorrer ás eleccións;
Estes partidos non se deben confudir coa Falange Española Tradicionalista y de las JONS que se constituíu tras o decreto de unificación (1937) que uniu ós falanxistas e ós carlistas nunha única organización política.