Supremme de Luxe, nado en Madrid o 6 de xaneiro de 1978, é un drag queen, cantante e presentadora de televisión española.
Traxectoria miniatura|Supremme de Luxe cantando xunto a Kika Lorace no Mercado de San Antón durante o Orgullo de Madrid en 2017. Comezou a súa carreira artística no mundo drag en 1997, actuando en diversas salas do seu Madrid natal. Realizou espectáculos e foi mestre de cerimonias en diversos eventos LGTB. Tamén fixo proxectos teatrais como Encerradas en un Pryconsa, Ellas cantan, ellas cuentan, Tranxformers ou Retromanía. En 2021 foi protagonista do espectáculo Intimísimo. Ese mesmo ano foi elixido como presentador para o programa de televisión Drag Race España.
Carreira musical En 2012 publicou o seu primeiro álbum titulado Ahora yo. Ademais, tamén lazou varios sinxelos como "Basta ya" (2016), "Getting High" (2017), "Resurgir" (2019) ou "Ener-G2" (2020). A súa canción "Miénteme" foi incluída no repertorio oficial do World Pride 2017 que editou Universal Music.
Filmografía Cinema Ano Título Papel Notas Ref. 2018 Queridísimo Papá Oli curtametraxe 2021 El fantasma de la sauna Lujuria
Programas de televisión Ano Título Canle Notas Ref. 2016 First Dates Cuatro Convidado 2021 - presente Drag Race España Atresplayer Premium Presentador e xurado 2022 - 2023 Tu cara me suena Antena 3 Convidado, 2 programas Pasapalabra 2 programas 2022 Reinas al rescate Atresplayer Premium PresentadorDrag Race Italia (tempada 2)Discovery+Convidado (xurado)2023 Miss VacaTVGConvidado PasswordAntena 3 2024 Drag Race España: All Stars Atresplayer Premium Presentador e xurado Tu cara me suena Antena 3 Concursante
Notas
Véxase tamén Outros artigos La Prohibida
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Drag queens Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Cantantes da Comunidade de Madrid