José Ángel Gesteira Pazos, máis coñecido como J. A. Xesteira, nado en Redondela en 1946, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Estudou xornalismo en Madrid. Traballou en La Mañana de Lérida, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo (redactor xefe de Cultura e peche)
Escribiu unha columna semanal de opinión sociopolítica no Diario de Pontevedra durante moitos anos. Foi crítico de cine na última etapa do semanario A Nosa Terra. Escribiu artigos de tipo sociohistórico no boletín do Seminario de Estudos Redondeláns. Nos anos 90 dirixiu un xornal interfronterizo, Sin Fronteras/Sem Fronteiras, inserido nas páxinas do Faro de Vigo e o Jornal de Notícias do Porto.
Obra
Relatos
Acompáñoo no sentimento (2001). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-8483026861. Contos de familia (2005). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9782-376-0. Cóntamo outra vez, Rick (2021). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-9151-605-7.
Novela
Blues da ría (2001). Vigo: Xerais, Colección Fóra de Xogo. 144 páxs. Xuvenil. ISBN 9788483027080. Caldo de mares para homes libres (2003). Vigo: Xerais. 248 páxs. ISBN 978-8497820127.
Libros colectivos
Phiccións (2000). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-8483025802. Dous relatos: ``Chao, moneca (ou, ¿cómo che vai miña rosa?)´´ e ``O manuscrito atopado en Ramallosa´´. A memoria de Redondela (2001). Vigo: Xerais. Libro de postais con Luís Borines. 104 páxs. ISBN 9788483027103.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Blog-up: persoal de J. A. Xesteira
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Redondela Categoría:Xornalistas de Galicia