Fear Street Part One: 1994 é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Leigh Janiak, cun guión escrito por Phil Graziadei e Janiak, a partir dunha historia orixinal de Kyle Killen, Graziadei e Janiak. Baséase na serie de libros escritos por R. L. Stine, sendo o primeiro título da triloxía Fear Street. Está protagonizado por Kiana Madeira, Olivia Scott Welch, Benjamin Flores Jr., Julia Rehwald, Fred Hechinger, Ashley Zukerman, Darrell Britt-Gibson e Maya Hawke. O filme conta a historia dun grupo de adolescentes en Shadyside que están aterrorizados por unha serie de asasinos en serie que asolaron a vila por séculos.

Producido por Chernin Entertainment, a adaptación de Fear Street comezou en 20th Century Studios en 2015, con Janiak como director. A rodaxe da triloxía estendeuse dende marzo até setembro de 2019 en Xeorxia, estando prevista a súa estrea en xuño de 2020. Porén, a triloxía foi adiada por mor da pandemia de COVID-19. Despois da adquisición de 21st Century Fox por Disney, Chernin Entertainment acabou co acordo de distribución de 20th Century Studios e deullos a Netflix en agosto de 2020.

Fear Street Part One: 1994 estreouse en Los Angeles State Historic Park o 28 de xuño de 2021, e en Netflix o 2 de xullo de 2021, sendo estreados os próximos dous títulos Part Two: 1978 e Part Three: 1666, as dúas semanas seguintes. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes Kiana Madeira como Deena Olivia Scott Welch como Samantha Fraser Benjamin Flores Jr. como Josh Julia Rehwald como Kate Fred Hechinger como Simon Ashley Zukerman como Nick Goode Darrell Britt-Gibson como Martin Maya Hawke como Heather Jordana Spiro como Mrs. Lane Jordyn DiNatale como Ruby Lane Charlene Amoia como Rachel Thompson / Sunnyvale customer David W. Thompson como Ryan Torres Jeremy Ford como Peter Elizabeth Scopel como Sarah Fier Gillian Jacobs como C. Berman

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes ambientados en 1994 Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes non estreados nos cinemas por mor da pandemia de COVID-19