alt=|miniatura|Boneco das Fallas de Valencia.Dara Dia, máis coñecido polo seu nome artístico Lory Money, nado en Hann (Senegal) o 7 de agosto de 1979, é un xastre e músico senegalés de rap e trap que se fixo popular a través da plataforma web de vídeos YouTube.
Traxectoria Chegou a España en 2006 utilizando como transporte unha chalana. Foi vendedor ambulante de top manta. En 2014 foi detido e trasladado a un centro de internamento de estranxeiros.
En 2016 escribiu un libro de memorias titulado El youtuber que llegó en patera, polo cal recibiu unha felicitación por parte do entón alcalde de Valencia, Joan Ribó. Ese mesmo ano lanzou ao mercado xunto a Cristian Ramírez e Carlos Verdejo unha bebida enerxética a través da súa empresa Suaj Unlimited.
Carreira musical O 19 de decembro de 2011 publicou Santa Claus, o seu primeiro sinxelo cuxa temática é a crise económica española. O videoclip foi gravado cun iPhone 4 e custou 10 euros producilo.
KillChris é o rapeiro que lle fai beats e encárgase de editar os seus vídeos. Introductor do trap en Valencia e denominado polos seus seguidores como "Marqués do flow" e "Príncipe de Supa Dupa".
Discografía
Sinxelos «Santa Claus» «Ola K Ase» (Universal) «Ajoaceite» (Universal Spain) «100 Montaditos Lory Money» (Universal Distribution xunto a Universal Music e Universal Music Gmbh) «Lory tiene flow» «El pequeño Nicolás» «Yolo, Yeah, Men, Bich, Negga, Suaj, Flow, Suuu....» «Lory Puigdemoney - Independent» (parodia de «Gucci Gang» de Lil Pump) «Estate al Lory» «President» «COVID-19»
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Buscar la vida | Lory Money | TEDxLeon (vídeo)
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Cantantes do Senegal Categoría:Nados no Senegal Categoría:Rapeiros