Gerardo Castaño Balado, coñecido como Castaño, nado en Padrón e finado no mesmo concello en outubro de 1980, foi un debuxante e caricaturista galego.
Traxectoria Fillo de Gerardo Castaño Vilanova, secretario do Xulgado de Padrón, e Josefa Balado Alonso. Foi oficial segundo do concello de Padrón até 1923.Galicia, 25-10-1923, p. 2. Amigo da infancia de Manuel Antonio, que foi quen o animou a publicar os seus traballos.La Noche, 25-2-1958, p. 8. Deu a coñecer os seus debuxos humorísticos en Faro de Vigo e Vida Gallega entre 1927 e 1931, e a partir dese ano deixou de publicar. É cualificado como debuxante humorista naif.Vida Gallega, 10-11-1928, p. 10.La Voz de Galicia, 5-11-1983, p. 32. No franquismo escribiu poesía, como o relato en verso "Fun a Leiro c'unha moza".La Noche, 21-4-1962, p. 6.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1980