Kevin Lorenzo, nado en Xixón en 1991, é un guionista, director e actor galego.
Traxectoria Kevin Lorenzo participou en diversas producións audiovisuais. Parte do seu percorrido nace de xeito fortuito desenvolvendo iniciativas culturais de dinamización no rural. Un dos lugares fundamentais é o encontro de cineastas Chanfaina Lab, onde cada ano participa desenvolvendo varias accións formativas e xestionando a produción de numerosas pezas, moitas das cales percorreron festivais e recibiron diferentes recoñecementos. Este espazo converteuse para el nun verdadeiro laboratorio creativo e humano, un lugar onde experimentar, arriscar e compartir con outros creadores. A súa formación fundamentalmente autodidacta compleméntase coa asistencia a cursos de diferentes disciplinas como guión, dirección ou interpretación con profesores como John Strasberg, Carlos Villarino ou Jorge Coira entre outros. A súa curiosidade levouno tamén a formarse no Cluster da Madeira e Deseño de Galicia e na Escola de Arte e Deseño Pablo Picasso.
Filmografía Selección de títulos máis relevantes na súa traxectoria e polos recoñecementos acadados en distintos festivais. Simbiose (Angela Arnosa) 1º Premio no Festival Cinema de Cabanas
Consulta aberta (guionista e director)
Solposto (Iago Lourido) Seleccionado no Festival de Cans 2025
Mírame (guionista e director)
O pano de seda (guionista e director)
A Cortados (Isaac Rivadulla) Finalista XVIII Premios Mestre Mateo
Síntese (Ángela Arnosa) Cineclube de Compostela
Camiño branco (Santi Teijelo)
Quen a ferro mata (Paco Plaza)
A cor do medo (Carlota Domínguez)
Televisión
Ardora (Movistar Plus+) Lobos e cordeiros (TVG) O sabor das margaridas (TVG e Netflix) Antes de perder (Playz) Serramoura (TVG) Fariña (Antena3 e Netflix) Viradeira (TVG) TAC (TVG) O final do camiño (TVE)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web de Kevin Lorenzo. Kevin Lorenzo en Chanfainalab.gal.
Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona