Pastor Maseda Vázquez de Parga, nado en Lugo o 27 de agosto de 1843 e finado en Ribas Pequenas (Bóveda) o 30 de agosto de 1919,El Norte de Galicia, 1-9-1919, p. 2. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de José María Maseda Quiroga y Díez de Robles e Manuela Vázquez de Parga Somoza y Pallares. Cursou estudos en Santiago de Compostela e Salamanca. Amigo persoal, parente e compadre de Benigno Quiroga Ballesteros. Foi alcalde de Begonte. Despois foi deputado provincial polo distrito de Bóveda-Saviñao de 1882 a 1917, vicepresidente da Deputación de Lugo en varias ocasións e presidente do 3 de xaneiro de 1891 a 1899. Repetiu como presidente de 1900 a 1901. Foi presidente da Feira Rexional de Exposicións celebrada en Lugo en 1896. Secundou o seu tío Manuel Vázquez de Parga como xefe dos conservadores da provincia de Lugo.

Recoñecementos

Gran Cruz de Isabel a Católica. Vida persoal Casou con Jacoba Cadórniga Saco e foi pai de Ramón, Concepción, Jesús, Jaime, Manuela, Francisco, Antonio, Ermitas, Manuel, María de la Paz, Julio e Carmen Maseda Cardóniga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Pazos y casas señoriales de O Incio (V)

Categoría:Alcaldes de Begonte

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1843

Categoría:Finados en 1931