O Basketballgemeinschaft Göttingen (do alemán: Club de Baloncesto de Gotinga), máis coñecido como BG Göttingen, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Gotinga, Baixa Saxonia. Fundado en 1974, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O seu maior éxito foi a consecución do EuroChallenge 2010, torneo no que gañaron na final ao Krasnye Krylia ruso. O equipo xoga os seus partidos como local no Sparkassen-Arena, pavillón con capacidade para 3 447 espectadores.
Historia Cando o BG 74 Göttingen ascendeu á Basketball Bundesliga en 2007, o equipo profesional excindiuse do club. Na súa primeira temporada na Bundesliga, o Göttingen conseguiu acadar a permanencia. Nas seguintes temporadas o equipo conseguiu algunhas actuacións destacábeis. Na temporada 2009–10 o club debutou en Europa ao competir no EuroChallenge, conseguindo gañar o torneo na súa primeira participación despois de 13 vitorias por tan só 3 derrotas. Na Final Four, que foi celebrada en Gotinga, o equipo venceu ao Chorale Roanne francés por 77−67 en semifinais e ao Krasnye Krylia ruso por 83−75 na final. Nas seguintes dúas temporadas o club continuou xogando competicións europeas, mais sen tanto éxito. Na temporada 2011–12 o Göttingen descende á segunda división, a ProA, conseguindo regresar á máxima categoría en 2014 após venceren ao Crailsheim Merlins nas finais da competición.
Títulos Segunda división de Alemaña Campión (2): 2007, 2014
EuroChallenge Campión (1): 2010
Xogadores thumb|180px|Taylor Rochestie. Destacados Sullivan Phillips Kyle Bailey Louis Dale III Jeb Ivey Brian Jackson Trenton Meacham Taylor Rochestie Nicholas Livas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña