Maja Haderlap, nada en Eisenkappel-Vellach, Carintia, o 8 de marzo de 1961, é unha escritora austríaca de orixe eslovena que emprega o alemán e o esloveno nas súas creacións literarias.
Traxectoria Nada no seo da comunidade de eslovenos de Carintia, logo de cursar o ensino media en Klagenfurt trasladouse a Viena para estudar dramaturxia e xermanística na universidade. Durante esta etapa escribiu os seus primeiros poemarios en esloveno: Žalik pesmi (1983), Bajalice (1987) e Pesmi (1989). Exerceu como docente no Instituto de Literatura Comparada da Universidade de Klagenfurt e entre 1992 e 2007 foi directora do teatro municipal da cidade. Tamén foi editora da revista cultural en esloveno Mladje.
Autora de varios obras de lírica, ensaio e narrativa, destaca a súa novela Engel des Vergessens (2011). Nela adéntrase no trauma colectivo derivado da persecución dos nazis aos eslovenos de Carintia e a difícil convivencia logo da segunda guerra mundial. Para iso mostra a historia da súa familia: o seu avó partisano e a súa avoa internada no campo de concentración de Ravensbrück, mentres que o seu pai foi torturado con dez anos. As consecuencias marcan a vida das xeracións posteriores polo que continúa a obra rememorando a construción da súa identidade baixo as discriminacións e humillacións que decote sufrían os eslovenos de Carintia nas décadas de 1960 e 1970.
A obra colleitou grande éxito entre o público e a crítica e foi merecente dalgúns dos máis importantes galardóns literarios de Austria en 2011 como o Ingeborg Bachmann, o Bruno-Kreisky-Preis e o Rauriser Literaturpreis de 2011. Grazas a sona acadada, o libro foi traducido a diferentes idiomas e consolidou a Haderlap como unha das autoras de referencia tanto das letras en alemán como en esloveno.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web de Maja Haderlap (en alemán e esloveno)
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua eslovena Categoría:Escritores de Austria