Elvira Alfónsez, infanta de León, nada en setembro de 1103 en Toledo e finada o 6 de febreiro de 1135, foi a primeira raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Roxerio II.
Traxectoria Primeiros anos Elvira era filla de Afonso VI de León e de Isabel, a súa cuarta esposa, que algúns autores consideran a mesma persoa que Zaida, mentres que outros discrepan.
Elvira foi criada en Toledo, polo que debía estar acostumada á convivencia entre cristiáns e musulmáns, como a que existía tamén en Sicilia.
Matrimonio e descendencia Elvira casou co daquela conde de Sicilia Roxerio II de Sicilia en 1117, e converteuse en raíña en 1130 cando o seu esposo se fixo coroar rei.
Froito do matrimonio tiveron cinco fillos e dúas fillas: Roxerio (1118-1148), duque de Puglia e posibelmente conde de Lecce (desde 1135). Tancredo (1119-1138), príncipe de Bari (desde 1135). Afonso (1120/1121-1144), príncipe de Capua e duque de Nápoles (desde 1135). Adelisa (c. 1126-despois de 1184), condesa de Florencia, casada en primeiras nupcias con Xoscelino, conde de Loreto, e en segundas con Roberto, conde de Loritello e conde de Conversano. Sen descendencia ou con descendencia descoñecida. Unha nena (morta na infancia en 1135). Guillerme (1131-1166), duque de Puglia (desde 1148), rei de Sicilia como Guillerme III (desde 1150). Henrique (1135-1145).
Morte e posterioridade En 1135 tanto Roxerio como Elvira enfermaron. A enfermidade era grave e contaxiosa. Roger sobreviviu, pero Elvira non tivo a mesma sorte, e morreu o 6 de febreiro do mesmo ano.
Elvira recibiu sepultura na capela real de Santa Magdalena, en Palermo.
Roxerio permanece viúvo durante catorce anos, e só volveu casar cando catro dos seus cinco fillos con Elvira morreran.
En 1149 contraeu matrimonio con Sibila de Borgoña, e en 1151 volveu casar con Beatriz de Rethel.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alio, Jacqueline (2018): Queens of Sicily 1061-1266. Nova York: Trinacria. ISBN 978-1-9436-3914-4. Birk, Joshua C. (2017): Norman Kings of Sicily and the Rise of the Anti-Islamic Critique: Baptized Sultans. Springer. ISBN 3-3194-7042-6. Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily: A Ruler Between East and West. Cambridge University Press ISBN 978-0-5216-5573-6. Salazar y Acha, Jaime de (1993): "Contribución al reinado de Alfonso VI de Castilla: algunas aclaraciones sobre su política matrimonial". Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Volume II. Madrid: Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, páxinas 301-336.
Outros artigos Roxerio II de Sicilia Guillerme I de Sicilia
Categoría:Nobres de España Categoría:Personalidades de Italia Categoría:Nados en 1103 Categoría:Nados en Toledo Categoría:Finados en 1135