Jesús González Guisande, nado en Vigo o 6 de xaneiro de 1959 e finado o 3 de setembro de 2017, foi un remeiro galego, que competiu en dous Xogos Olímpicos (Moscova 1980 e Os Ánxeles 1984).

Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Comezou a remar no Liceo Marítimo de Bouzas, pasando logo ao Club Natació Banyoles. En 1978 en Mequinensa gañou os seus dous primeiros Campionatos de España absolutos, un deles no dobre scull xunto a Fernando Climent e outro na modalidade de oito con temoneiro. Revalidou o título de oito en 1979, 1981, 1982 e 1984. Foi tamén campión de España de skiff en 1981; de catro con temoneiro en 1983 e 1984; de catro sen temoneiro en 1983 e de catro scull en 1986 e 1987; ademais de subir en numerosas ocasións máis ao podio.

En 1980 disptuou os seus primeiros Xogos Olímpicos, os celebrados na capital soviética, Moscova. Fíxoo na proba do catro scull, xunto a Joan Solano, Manuel Vera e Julio Oliver, e acadou a quinta praza final, e con ela o diploma olímpico. Repetiu participación na seguinte cita olímpica, Os Ánxeles 1984, co mesmo equipo excepto Solano, que foi substituído por Luis Miguel Oliver. Conseguiu de novo un diploma olímpico, sendo o seu resultado desta vez a sexta praza.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do remeiro no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do remeiroen sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal . Datos do remeiro no sitio web oficial da Federación Internacional de Sociedades de Remo .

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 2017 Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1984