Antonio Lorenzo Sánchez, nado en Ribeira o 5 de marzo de 1920 e finado en Madrid cara a 1989, foi un tradutor galego.

Traxectoria Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e pensionado en Tolosa, e Dereito en Barcelona. Foi oficial piloto de Aviación Militar. Pertenceu á carreira xudicial e fiscal, na que ingresou por oposición. Foi xuíz comarcal de Friol en 1949,La Voz de Galicia, 20-10-1949, p. . fiscal de paz de Larache (1950) e secretario do Xulgado Municipal número 25 de Madrid (1952).ABC, 12-7-1952, p. 25.

En 1951 gañou un premio no Centro Galego de Madrid co ensaio La lengua gallega de Curros.ABC, 10-5-1952, p. 28. Vinculado ao Centro Galego de Barcelona, dirixiu o órgano de prensa da colectividade, a revista Alborada, nos anos cincuenta, na que publicou, co pseudónimo Amaro Chaín unha versión ao galego dos capítulos I e IV do Cantar dos cantares traducida a partir do latín, co título "Dous analeitos da versión galega de A Cantiga das Cantigas". Logo refixo esta versión de 1952, a partir do hebreo, coa axuda de José María Fórneas. En 1956 publicou con Ramón Cabanillas o libreto Macías o namorado, con música do mestre Maiztegui."Un tradutor de Ribeira", La Voz de Galicia, Barbanza, 28-9-2007, p. l8.

Obras Macías o Namorado. Poema escénico, Galaxia, 1956.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores de Galicia

Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1920 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1989