O s.Oliver Würzburg, antes coñecido como s.Oliver Baskets, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Würzburg, Baviera. O club foi fundado no ano 2007 coa idea de seguir o legado do club orixinal da cidade, o DJK Würzburg, equipo afiliado á DJK-Sportverband e á igrexa católica alemá. Da canteira deste club xurdiron os exxogadores da NBA Dirk Nowitzki e Maxi Kleber. Actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no s.Oliver Arena, pavillón con capacidade para 3 140 espectadores.

Historia A DJK-Sportverband (do alemán: Asociación Deportiva da Forza Xuvenil Alemá) foi fundada o 16 de setembro de 1920 en Würzburg. Esta asociación está afiliada á igrexa católica alemá. Durante o Terceiro Reich, o goberno prohibiu a filiación a esta sociedade. Despois da segunda guerra mundial, a DJK retomou a súa actividade, contando hoxe con máis de 3000 membros. A sección de baloncesto do club gañou fama na década de 1990, xa que tanto o equipo feminino como o masculino conseguiron acadar a Basketball Bundesliga (BBL), a máxima división do baloncesto en Alemaña. No caso do equipo masculino, conseguiu ascender en 1997 con Dirk Nowitzki no equipo. En 2001, a DJK converteu o seu equipo masculino de baloncesto nunha entidade privada, agora coñecida como Würzburg Baskets, para capitalizar o seu crecemento como equipo profesional de baloncesto. Porén, en 2005 o club renunciou ao seu posto na BBL e o club deixou de competir.

En 2007, o empresario estadounidense Jochen Bähr adquiriu os dereitos para participar cun equipo de Würzburg na RegionalLiga, cuarta categoría do baloncesto no país, co obxectivo de chega á elite en poucas temporadas. O equipo recibiu o nome de SCH Würzburg Baskets. En 2010, o club adoptou o nome de s.Oliver Baskets e, ao ano seguinte, conseguiu o ascenso á BBL. Na súa primeira temporada na máxima categoría, o equipo alcanzou as semifinais polo título, despois de vencer ao Alba Berlin por 3−1 na serie de cuartos de final dos playoffs. En 2012−13 o club xogou en Europa por primeira vez, concretamente na Eurocup. Con todo, ao ano seguinte o equipo perde a categoría, descendendo á ProA. Este paso pola segunda división foi rápida, xa que inmediatamente volveron ao primeiro nivel. Na temporada 2015-16 acadaron o oitavo lugar, clasificándose así para os playoffs por segunda vez despois de 2012. En cuartos de final, o equipo foi eliminado polo futuro campión de liga Brose Baskets, perdendo todos os partidos con polo menos unha marxe de 35 puntos. O 15 de xullo de 2016 o equipo mudou o seu nome de "s.Oliver Baskets" a "s.Oliver Würzburg" para reforzar a identificación do equipo coa cidade. Na temporada 2018-19, o Würzburg xogou a FIBA Europe Cup e chegou á final. Porén, perdeu na mesma ante o Dinamo Sassari.

Temporadas AnoNivelLigaCopa Europa2007–084 RegionalLiga 2008–094 RegionalLiga 2009–103 ProB3º 2010–112 ProA2º 2011–121 Bundesliga4º 2012–131 Bundesliga9º 2 Eurocup 3–32013–141 Bundesliga17º 2014–152 ProA2º 2015–161 Bundesliga8º 2016–171 Bundesliga14º 2017–181 Bundesliga9º 4 FIBA Europe Cup 1–12018–191 Bundesliga9º 4 FIBA Europe Cup Subcampións2019–201 Bundesliga8º Oitavos de final 2020–211 Bundesliga16º Fase de grupos

Xogadores Destacados A seguinte é unha lista de xogadores destacados tanto do DJK Würzburg como do s.Oliver Würzburg.

Dirk Nowitzki Robert Garrett Demond Greene Leon Kratzer Steven Hutchinson Maxi Kleber LaMonte Ulmer Olumide Oyedeji

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña