Susana Garabatos Rodríguez, nada en Vigo o 8 de marzo de 1979, é unha ex-nadadora galega. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta.
Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Comezou a nadar no seu colexio, o Rosalía de Castro, ata que se fixou nela o adestrador do Real Club Náutico de Vigo. Como membro deste club, no que nadaron tamén os seus tres irmáns, proclamouse en 1991 subcampioa de España júnior nos 100 metros libres e ao ano seguinte gañou un ouro no Meeting de Luxemburgo, na súa primeira participación internacional coa selección española. En 1993 marchou a Málaga, cunha bolsa para se preparar nun centro de alto rendemento. En 1995 quedou quinta no Campionato de Europa, na proba de remudas 4x100 metros libres.
En 1996, con 17 anos, converteuse na primeira nadadora galega feminina en participar nuns Xogos Olímpicos. Fíxoo na proba de remudas 4x100 estilo libre, xunto a Blanca Cerón, Fátima Madrid e Claudia Franco, e rematou na 14ª posición. Tralos Xogos tivo uns anos de menos rendemento, aínda que volveu competir internacionalmente, e en 2004 deixou a competición.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos da nadadora no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional .
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nadadores olímpicos de Galicia Categoría:Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1996