Juan de Padilla, nado en Toledo o 10 de novembro de 1490 e finado en Villalar o 24 de abril de 1521, foi un fidalgo castelán, coñecido pola súa decisiva participación na Guerra das Comunidades de Castela, na que apoiou o bando sublevado en armas contra o monarca Carlos I. Morreu decapitado trala derrota comuneira en Villalar.
Traxectoria Juan de Padilla naceu no seo dunha familia fidalga toledana, fillo de Pedro López de Padilla, garda do rei e rexedor de Toledo, e a súa esposa Mencía Dávalos. Esta filiación convertíao polo tanto en sobriño de Gutierre de Padilla, comendador maior de Calatrava, e de Diego López de Padilla, mariscal de Castela.
O 18 de agosto de 1511, contraeu matrimonio en Granada con María Pacheco, filla de Íñigo López de Mendoza e Quiñones, I marqués de Mondéjar e II conde de Tendilla. Durante dous anos, ambos viviron na localidade toledana de Mascaraque.
O 20 de xullo de 1513 presentou no concello toledano unha provisión real que o facultaba para ocupar a rexedoría á que o seu pai renunciara en favor del, e o día 29 dese mesmo mes tomou posesión do cargo. Pedro López tamén o beneficiou renunciando o 7 de agosto de 1517 á capitanía xeneral do reino, que foi concedida a Juan. O 22 de agosto de 1518 o rei Carlos I ordenou que lle fose asentado o salario correspondente a devandito oficio, uns 200 000 marabedís anuais.
Revolta comuneira A principios de 1520, Toledo opúxose con forza á idea de que as Cortes convocadas en Compostela servisen para conceder un novo servizo fiscal a Carlos I. Por ese motivo, negouse a enviar procuradores.
Trala suspensión das Cortes o 4 de abril, para ser trasladadas á Coruña, o monarca requiriu ao grupo de rexedores toledanos remisos á súa autoridade a presentarse na Corte, ao mesmo tempo que enviaba outros máis dóciles coa misión de reunir o concello e elixir deputados favorables á Coroa. Nese grupo estaba incluído Juan de Padilla. O 16 de abril, cando aqueles rexedores se dispuñan a partir, unha multitude numerosa se interpuxo no seu camiño e impediulles saír da cidade. Segundo narra o cronista frei Prudencio de Sandoval, esa multitude trasladou a Padilla a unha capela do claustro da igrexa maior, "que chaman do bispo Don Pedro Tenorio", e fíxolle prometer que non sairía de alí sen o seu permiso. miniatura|440x440px|Escultura en bronce de Juan de Padilla, obra do escultor toledano Julio Martín de Vidales. Nas semanas seguintes á partida do monarca cara ao Sacro Imperio, onde se coroaría emperador, a revolta iniciada por Toledo estendeuse a toda a meseta castelá e comezaron os primeiros preparativos militares. Así, o 25 de xuño de 1520, Padilla recibiu o encargo de organizar as tropas que sairían desde Toledo para combater a Rodrigo Ronquillo, que se ocupaba de asediar Segovia tralo asasinato do procurador Rodrigo de Tordesillas. O 5 de xullo converteuse en capitán xeneral da comunidade de Toledo, tendo ao seu cargo a dirección do exército.
As tropas toledanas, ás que tamén se uniron as segovianas e madrileñas, conseguiron que Ronquillo se retirase ata Santa María la Real de Nieva, dende onde se uniu a Antonio de Fonseca. Ambos os capitáns incendiaron Medina del Campo o 21 de agosto, ocasionando graves perdas para a cidade. Padilla e o resto dos capitáns pasaron por alí tres días despois, recollendo a artillaría que os medinenses negaran aos realistas. O 29 de agosto e o 1 de setembro participou nas entrevistas coa raíña Xoana, en Tordesillas, conseguindo a súa aprobación para que a Santa Xunta (conformada polas cidades comuneiras reunidas en Ávila o 1 de agosto) se trasladase xunto a ela.
En novembro, desgustado ante a decisión da Xunta de outorgar o cargo de capitán xeneral ao nobre Pedro Girón, Juan de Padilla dirixiuse coas súas milicias a Toledo. O 31 de decembro de 1520, trala batalla de Tordesillas e a dimisión de Girón, regresou a Valladolid, a nova capital do movemento, con 1500 homes. Alí dispensáronlle unha acollida delirante (que os seus adversarios describiron como mesiánica) por parte da poboación, acollida para a cal a Xunta aprobou os seus gastos o 3 de xaneiro: 19 reais e medio. Sen dúbida, a chegada dun dos seus máis destacados capitáns levantou o ánimo dos rebeldes e fixo render a inquietude nas filas realistas.
Por eses días representou a liña máis dura do pensamento comuneiro, propondo á Xunta recuperar Tordesillas, en man dos realistas desde o 5 de decembro de 1520. Cando se lle consultou sobre unha posible tregua militar, a finais de xaneiro, opúxose rotundamente á mesma, afirmando que a aproveitarían os inimigos para obter reforzos de Navarra.
A mediados de xaneiro as tropas de Padilla e o conde de Salvatierra tomaron Ampudia e Torremormojón. Inmediatamente, avanzaron en dirección a Burgos, xunto co bispo Antonio de Acuña, para apoiar o inminente levantamento comuneiro na cidade, mais debido a que este se adiantou dous días, rematou nun rotundo fracaso.
Trala tentativa fracasada de Burgos, Padilla regresou a Valladolid para logo trasladarse coas súas tropas a Medina del Campo, dando seguridade ás forzas segovianas a cruzar o paso da Ponte do Douro. O 30 de xaneiro, comunicou a Toledo a súa intención de tomar o castelo de Simancas en cando puidese reunir as milicias necesarias. O 7 de febreiro as súas forzas arrasaron as propiedades do conde de Benavente en Cigales.
Foi entón cando se comezou a debater no Xunta se debía elixirse un comandante en xefe para todo o exército. Padilla amosouse como partidario de manter a autonomía das milicias urbanas, con todos os capitáns en grao de igualdade, pero tivo que ceder ante a petición que lanzaron en sentido contrario os demais xefes militares. Entón propuxo para o cargo o seu colega toledano Pero Laso de la Vega. Non obstane, a comunidade de Valladolid opúxose á súa designación. Na noite, unha multitude foi a buscar a Padilla á súa casa e, sen sequera deixalo vestirse, levouno gritando:
a pesar das protestas deste. Finalmente, nomeouse unha comisión para dirixir o exército, aínda que na práctica foi Juan de Padilla quen cumpriu ese rol fundamental. esquerda|miniatura|Retrato de Padilla do século XIX Resolta a cuestión, as tropas comuneiras asediaron Torrelobatón tomando a localidade o 25 de febreiro. Tratábase en realidade dunha operación militar planeada exclusivamente por Padilla, que considerou necesario obter un triunfo rápido co que levantar o ánimo das súas tropas.
Novamente a Xunta consultoulle sobre unha posible tregua militar. Esta vez, Padilla respondeu de xeito diferente. En efecto, o 28 de febreiro escribiu unha carta a Toledo comunicándolle que o momento de negociar cos realistas dende unha posición de forza chegara precisamente coa vitoria en Torrelobatón. Afirmou así mesmo ser consciente de que a guerra civil prexudicaba a todos por igual, ricos e pobres, soldados e civís, mulleres e nenos, para finalmente mostrarse partidario dunha tregua de oito días. Devandito armisticio promulgouse o 1 de marzo, e cando nove días despois se debateu se debía estenderse, Padilla regresou á súa postura orixinal e deu un voto negativo.
O día seguinte, 11 de marzo, a Xunta instou os mandos militares a elixir un xefe único para todas as tropas. Probablemente, o elixido para devandito cargo foi Juan de Padilla.
A derrota miniatura|350x350px|Os comuneiros Padilla, Bravo e Maldonado no patíbulo, de Antonio Gisbert Pérez. 1860. (Congreso dos Deputados de España, Madrid). Dende entón, Padilla mantívose acuartelado en Torrelobatón, reforzando as defensas e a gornición da praza. Mentres tanto, as tropas realistas de Tordesillas e de Burgos uníronse e estableceron o seu campamento en Peñaflor de Hornija, a só unha legua de Torrelobatón.
Na chuviosa madrugada do 23 de abril de 1521 as forzas comuneiras saíron de Torrelobatón en dirección a Toro, mais o exército realista continuou o seu camiño e alcanzounas no lugar de Villalar. A desmoralización da soldadesca, unida ás inclemencias do tempo, provocou unha dispersión en masa dos soldados comuneiros, que nin sequera puideron despregarse ante o ataque da cabalaría. Padilla, que tiña ao seu mando uns seis mil homes, buscou a morte arremetendo coa súa lanza un grupo de cabaleiros do conde de Benavente. Puido derrubar a Pedro Bazán do cabalo, mais recibiu unha grave ferida na perna e finalmente foi tomado prisioneiro por Alonso da Cova. Pouco despois, o cabaleiro Pedro da Cova, irmán do anterior, asestoulle unha ferida o rostro, preto do nariz.
Xunto cos demais capitáns, foi trasladado ao castelo de Villalba en calidade de prisioneiros de guerra. Nesas circunstancias, ofreceulle a Alonso de Cova 50 000 ducados se o deixaba ir, mais o cabaleiro negouse a aceptar a oferta. O día seguinte, 24 de abril, foi decapitado.
A diferenza dos restos de Bravo e de Maldonado, que foron trasladados a Segovia e Salamanca, respectivamente, onde foron sepultos, os de Padilla foron trasladados "provisionalmente" ao mosteiro de La Mejorada de Olmedo e nunca volveron a Toledo, probablemente como vinganza do rei ante a persistencia da rebelión en Toledo, da man de María Pacheco.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Toledo Categoría:Nados en 1490 Categoría:Finados en 1521 Categoría:Nobres de España Categoría:Revolucionarios Categoría:Executados