Cora Velasco Pedrosa, tamén coñecida como Cora Sayers, nada en Pontevedra o 12 de xuño de 1991, é unha actriz e cantante galega.
Traxectoria Estudou no IES Sánchez Cantón e arte dramática en Madrid..
Comezou participando en bandas de diferentes estilos como 1000 Demonios Blues Band, Querido Extraño ou Late Kicks nos que achegou a súa voz. Botou máis de cinco anos traballando e estudando en Madrid: interpretación no Estudio para el Actor de Juan Carlos Corazza, así como con outros profesionais como Consuelo Trujillo, Alfonso Lara, Eva Lesmes e David Luque. Volveu a Galicia e comezou a súa carreira musical. Ademais formouse en canto e voz con Estela Franti e Cristina Mora así como en danza clásica durante 13 anos, acadando ata o terceiro título de ballet por ACADE. Desde 2016 traballou coa compañía de teatro infantil de Pontevedra "Baobab".
Na música comezou usando o nome de Cora Sayers. Con Sortilegios xa asina como Cora Velasco cancións propias en castelán.
Ten realizado multitude de concertos en Galicia e tamén por España e Europa. Tamén participou como actriz nalgunhas curtametraxes e obras de teatro.
Traballos
Cora Sayers
Origen (2014) -EP- Temas: Charlie, Red shoes, Cebada y cigarrillo, Daily war, Distorsion. Mestura de folk, rock alternativo, pop e blues. I´m Home (2016) -LP-. Gravado nos Estudios Montealto da Coruña xunto a Fernando Mejuto e Hugo González. Temas: Garaje Café, Sophie´s Fear, Charlie, He Rules in Purple, Daily War, Red Shoes, No Multitude, Drupe´s Birth, The Apartement, Stone.
Cora Velasco
Sortilegios (2018). Temas: La Delicadeza, Mis Cadáveres, Se Extiende Mi Brazo, La Circunstacia, La Fiebre del Oro, Arponera, Algo Provisional. Ojos nuevos (2021) -Sinxelo-. Fala do seu amor por Galicia. Foi escollida como canción do spot Descubre o teu Camiño de Turismo de Galicia do Camiño Xacobeo.
Actriz
Curtametraxes
Madrid, Drawings... And Foreign Girls (2014). Proposta para mellor actriz secundaria no New Jersey Film Awards. Constelación urbana (2015).
Teatro
2014: Protagonista da obra de microteatro HisPánico EsZénico. Premio mellor actriz no 1º Festival de Microteatro da sala Héroe. 2014: Por amor al arte. Título provisional. Dirigida polo profesor do Estudio Corazza, Albert López Murtra. 2016: O lobo e a lúa de Baobab Teatro (premio Barriga Verde de Teatro 2014). 2020: Mai Mai de Baobab Teatro. 2021: Ás para Álex de Baobab Teatro
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Versión de Grândola Vila Morena con Eladio Santos (2022) na páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1991