Martin de Ginzo foi un xograr galego ou portugués do século XIII.

Traxectoria Estudosos como A. Da Costa Lopes sosteñen que é orixinario de Portugal, existe unha localidade chamada Ginzo na rexión de Barcelos, pero tamén existen as localidades galegas de Xinzo de Limia e, en especial, unha parroquia de Ponteareas onde se cre que se atopaba a ermida citada nas súas cantigas.António DA COSTA LOPES, Martim de Ginzo, jogral português, “4 Ventos”, I (1959), pp.192-209; Idem, A naturalidade portuguesa do jogral Martim de Ginzo. Anotações críticas, “ODistrito de Braga”, II (1964), pp. 177-188 Ramón Lorenzo suxire que estaría activo nos reinados de Fernando III ou Afonso X, baseándose na mención que fai á guerra nunha das súas composicións.

Obra Consérvanse oito cantigas de amigo, das cales sete pertencen ao subgénero denominado cantigas de romaría, compostas conforme a estrutura tradicional (paralelismo con leixaprén e rima asoante). Nunha das súas cantigas cita un instrumento musical chamado adufe.

Notas

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia