Pero de Bardia ou Berdia foi un xograr galego do século XIII. Compositor de lírica galego-portuguesa.González Seoane, Álvarez de la Granja e Boullón Agrelo (2006), p. 143
Traxectoria Pola colocación nos cancioneros, dentro dos denominados xograres galegos, dedúcese que era un xograr galego. Polo sobrenome crese que procede da parroquia de Berdía, pertencente ao municipio de Santiago de Compostela. A súa actividade poética puido darse na segunda metade do século XIII ou a inicios do século XIV. En varias das súas composicións fai referencia á ermida de Santa Marta, existe unha capela dedicada a esta santa en Santiago de Compostela, con todo o profesor Xosé Antonio Souto Cabo, descarta que sexa a mesma a que cantáballe o xograr, xa que nesa época formaba parte dunha leprosería para mulleres.
Obra Consérvanse cinco cantigas de amigo, a maioría pertencentes ao subxénero das cantigas de romaría.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia