Antonio Colmenero Villamarín, nado en Pexeiros (Os Blancos) cara a 1911 e finado en Ourense o 27 de xullo de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

Foi detido en abril de 1934 con Aurelio Blanco González.El Pueblo Gallego, 11-4-1934, p. 11. Membro do Sindicato de Oficios Varios de Campobecerros da CNT, foi ferido polo capataz das obras do ferrocarril en decembro de 1935.El Pueblo Gallego, 5-12-1935, p. 13. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra o 21 de maio de 1937 na causa 1.094/36, con catro republicanos máis.La Región, 22-5-1937, p. 3. Condenado a pena de morte foi fusilado o 27 de xullo de 1937 no Campo de Aragón xunto con Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Camilo Gago González, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.La Región, 28-7-1937, p. 3. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados nos Blancos

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1937