Francisco Prego Campos, nado na Coruña en 1892 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un futbolista, remeiro, funcionario e político galego.

Traxectoria Traballou como funcionario do Concello da Coruña dende 1915 e despois como xefe de negociado. Foi secretario da directiva do coro Cántigas da Terra, futbolista do Real Club Coruña e patrón de traiñeiras.La Voz de Galicia, 26-1-1924, p. 2. Na República afiliouse ao Partido Republicano Gallego e foi secretario da xunta do distriro primeiro da Coruña,La Voz de Galicia, 24-10-1933, p. 5. despois pasou a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Manuel Guzmán García, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.

Vida persoal

Casou en 1919 con Obdulia de la Colina Calzada, coa que tivo dous fillos: Francisco e Luisa.La Voz de Galicia, 11-11-1919, p. 6.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Regreso al lugar del crimen en La Voz de Galicia

Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1936