West Point é o posto militar máis antigo dos Estados Unidos ocupado continuamente.
Situado no condado de Orange do Estado de Nova York, na beira do río Hudson, West Point foi identificado polo xeneral George Washington como a posición estratéxica máis importante de Norteamérica durante a Revolución Americana.
Xeografía Situada na cidade de Highland Falls, no condado de Orange do Estado de Nova York, West Point abarca unha extensión de 64,9 km2, incluíndo o campus da Academia Militar dos Estados Unidos, que normalmente se chama "West Point".
No ano 2010 tiña unha poboción de 6 763 habitantes,West Point, New York, en U.S. Census Bureau. polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 104,05 hab./km2
Demografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2020 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $56 516, e os ingresos medios por familia eran de $56 364. Ao redor do 2,0 % da poboación estaban por debaixo do limiar de pobreza.Censo do 2020. U.S. Census Bureau.
Historia Até xaneiro de 1778, West Point non foi ocupado polos militares. O 27 de xaneiro de 1778, o xeneral de brigada Samuel Holden Parsons e a súa brigada cruzaron o xeo no río Hudson e subiron á chaira de West Point e, desde ese día até a actualidade, West Point foi ocupada polo exército dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa da Moeda de West Point Dólar de prata do bicentenario de West Point
Ligazóns externas West Point, New York West Point, New York, en City Data.
Categoría:Cidades do estado de Nova York