«Turnedo» é unha canción do cantante español Iván Ferreiro. Forma parte do seu primeiro álbum en solitario Canciones para el tiempo y la distancia, publicado en abril de 2005.Amazon «Canciones para el tiempo y la distancia.» Consultado o 27 de maio de 2015 O tema foi composto por Iván mailo seu irmán Amaro, e foi o primeiro tema presentado do disco. En 2011 foi incluído no álbum gravado en directo Confesiones de un artista de mierda, interpretado nesta ocasión xunto a Xoel López. De acordo con publicacións especializadas, é habitualmente considerada a canción con mellor acollida do seu autor.El Economista «Las 10 mejores canciones de Iván Ferreiro. » Consultado o 27 de maio de 2015
Contexto
Turnedo foi o tema co que Iván Ferreiro presentou o seu primeiro álbum en solitario, Canciones para el tiempo y la distancia. Até entón, Iván liderara a banda Los Piratas, un grupo de culto que existiiu entre 1991 e 2004.DSong «Manual para los fieles, de Los Piratas. » Consultado o 27 de maio de 2015 As cancións foron compostas por Iván mailo seu irmán Amaro, e a maioría gravados en Fisterra e mesturados nos estudos Red Led de Madrid.La Fonoteca «Canciones para el tiempo y la distancia»
A canción
Habitualmente é considerada coma unha canción de desamor. Fai alusión a unha relación sentimental que debería finalizar, mais non o fai.Rolling Stone «Las mejores canciones nacionales 1999-2014, según los lectores.» Consultado o 27 de maio de 2015 Trátase do tema que define o disco, "facendo da debilidade fortaleza", e cunha das letras máis explícitas do álbum. As referencias metafóricas á choiva e a unha praia baleira situana nunha contona de tristura. Iván Ferreiro dixo dela:
Pasados uns anos, Amaro confesou que a praia da que fala a canción era a Praia América de Nigrán, a cal podía ver dende a casa dos pais. Iván manifestou así mesmo que o título xurdiu antes de ser composta a canción, xa que era unha palabra sen significado que se lle viñera á cabeza.RNE «Hoy empieza todo con Ángel Carmona - Cómo se hizo 'Turnedo' - 26/11/15» Consultado o 27 de novembro de 2015
En 2011, co gallo da gravación do álbum Confesiones de un artista de mierda, recompilatorio dos maiores éxitos de Iván Ferreiro, tanto en solitario coma con Los Piratas, incluíuse unha nova versión de Turnedo. Nela, o peche musical da versión orixinal tórnase en introdución, e foi interpretada nun dúo con Xoel López.EfeEme «Protagonistas del XV aniversario de Efe Eme: Iván Ferreiro.» Consultado o 27 de maio de 2015
Acollida
«Turnedo» é comunmente considerada a mellor canción do repertorio de Ferreiro.El Economista «Las 10 mejores canciones de Iván Ferreiro. » Consultado o 27 de maio de 2015 En 2014, nunha enquisa realizada pola revista especializada Rolling Stone entre as súas lectoras e lectores, foi votada como a segunda mellor canción nacional dos últimos 15 anos, por detrás de «Años 80», de Los Piratas. A revista EfeEme considerouna unha das cancións imprescindíbeis do autor, explicando que "se inclina ante o pop e tamén lle falta ao respecto, a melodía é clásica, mestra, comercial, e, porén, o tema carece de retrouso".EfeEme «canciones imprescindibles de Iván Ferreiro.» Consultado o 27 de maio de 2015
Videoclip
Iván e Amaro Ferreiro gravaron para o álbum Canciones para el tiempo y la distancia un videoclip caseiro para cada un dos temas, incluídos nun DVD que acompañaba ao disco.La Fonoteca «para el tiempo y la distancia» No caso de «Turnedo», o videoclip consiste nos dous irmáns interpretando a canción con instrumentos de xoguete, Iván no micrófono e Amaro na guitarra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Versión con Xoel López en EiTB Letra da canción en Música.com Páxina en Facebook
Categoría:Sinxelos de 2005