O home de vime (en ) é un filme británico de 1973 dirixido por Robin Hardy. Está protagonizado por Edward Woodward, Britt Ekland, Diane Cilento, Ingrid Pitt e Christopher Lee. O guión foi escrito por Anthony Shaffer, inspirado na novela de David Pinner, Ritual. Céntrase na visita do sarxento de policía Neil Howie á illa de Summerisle na procura dunha rapaza desaparecida. Howie, un cristián devoto, espántase ao descubrir que os habitantes da illa abandonaron o cristianismo e agora practican unha forma de paganismo celta. Paul Giovanni compuxo a banda sonora.
Estreouse subtitulado en galego o 29 de abril de 2015, no Cineclube de Compostela.
Sinopse Un policía recibe unha carta anónima sobre a desaparición dunha moza e vai até a remota illa escocesa de Summerisle para investigar o caso. Cando chega, descobre costumes totalmente diferentes das súas crenzas cristiás, xa que os habitantes da illa seguen tradicións pagás. Disposto a resolver o enigma da desaparición e sospeitando o peor, vese involucrado en intrigas arredor dos ritos da festa de Beltane.
Personaxes
Edward Woodward como Sarxento Neil Howie Christopher Lee como Lord Summerisle Britt Ekland como Willow MacGregor Annie Ross como Willow MacGregor (voz) Rachel Verney como Willow MacGregor (voz cantante) Lesley Mackie como Daisy Diane Cilento como Miss Rose Ingrid Pitt como Librarian Lindsay Kemp como Alder MacGregor (o terratenente) Russell Waters como Harbour Master Aubrey Morris como Old Gardener/Gravedigger Irene Sunter como May Morrison Jennifer Martin como Myrtle Morrison Donald Eccles como T.H. Lennox Walter Carr como mestre da escola Roy Boyd cini Broome Peter Brewis como músico Geraldine Cowper como Rowan Morrison John Young como Fishmonger Myra Forsyth como Mrs Grimmond Alison Hughes como prometida do Sarxento Howie Barbara Rafferty como muller cun bebé John Sharp como doutor Ewan (versión estendida) John Hallam como McTaggart (versión estendida) Tony Roper como carteiro (versión estendida)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de terror relixioso Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes sobre neopaganismo Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego