Solace é un filme estadounidense de 2015 dirixido por Afonso Poyart e protagonizado por Anthony Hopkins, Colin Farrell, Jeffrey Dean Morgan e Abbie Cornish. Estreouse o 16 de decembro de 2016 a través de Lionsgate Premiere. O filme conta a historia dun doutor psíquico, John Clancy (Anthony Hopkins), que traballa cun axente do FBI, Joe Merriwether (Jeffrey Dean Morgan) na procura do asasino en serie Charles Ambrose (Colin Farrell). O guión do filme estaba previsto orixinalmente como unha secuela do filme de 1995 Seven, mais a idea foi finalmente desbotada e Solace completouse como un filme por si mesmo.Upcoming Anthony Hopkins Thriller Solace Was Going To Be A Se7en Sequel At One Point Cinema Blend
Personaxes Anthony Hopkins como John Clancy Colin Farrell como Charles Ambrose Jeffrey Dean Morgan como Axente Joe Merriwether Abbie Cornish como Axente Katherine Cowles Jordan Woods-Robinson como Jeffrey Oldfield Marley Shelton como Laura Merriwether Xander Berkeley como Mr. Ellis Kenny Johnson como David Raymond Janine Turner como Elizabeth Clancy Sharon Lawrence como Mrs. Ellis Jose Pablo Cantillo como Sawyer Matt Gerald como Sloman Autumn Dial como Emma Clancy Joshua Close como Linus Harp Luisa Moraes como Victoria Raymond
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de FilmNation Entertainment Categoría:Filmes rodados en Atlanta