Campo do Gerês é unha freguesía portuguesa do municipio de Terras de Bouro, distrito de Braga, tamén coñecida como São João do Campo.
Xeografía Esta antiga aldea está situada a oeste da Mata da Albergaria, en pleno corazón do Parque Nacional da Peneda-Gerês, a 15 km da capital do concello de Terras do Bouro.
A freguesía ocupa unha extensión de 62,38 km² e, no ano 2011, contaba cunha poboación e 162 habitantes,"População residente, segundo a dimensão dos lugares, população isolada, embarcada, corpo diplomático e sexo, por idade (ano a ano)". Informação no separador "Q601_Norte". Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 22 de agosto de 2021. Copia arquivada o 4 de decembro de 2013 en Wayback Machine. polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2,6 hab./km².
Evolución demográfica Evolución da poboación da freguesía de Campo do Gerês (1864-2011).Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE. Publicacões. 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 352 363 388 380 398 394 410 410 489 437 835 226 193 187 162
Cultura 180px|miniatura|Marco miliario XXIX da Vía Romana XVIII (Braga-Astorga). Campo do Gerês. Campo do Gerês alberga o Museo Etnográfico Vilarinho das Furnas, para conservar a memoria do pobo do mesmo nome, que foi mergullado en 1971 debido á construción dun encoro.
Desde xuño de 2013 pódese visitar o Museu da Geira, que ten un programa museográfico sobre ás técnicas construtivas das vías romanas, así como do transporte empregado na época.
O museo estrutúrase en catro salas temáticas, un auditorio e despachos para estudos arqueolóxicos. O concello de Terras de Bouro conserva actualmente un percorrido de 30 km desde a antiga Geira romana.
Patrimonio Vía romana XVIII (Geira,Juan J. Moralejo (2009): "Toponimia de las vías romanas de Galicia". Acta Palaeohispanica X. Palaeohispanica '9: 189-202. desde o Lugar de Santa Cruz Souto até a Portela do Home), no seu trazado por Terras de Bouro, desde o miliario XIV (Santa Cruz) ao miliario XXXIV (Albergaria), incluíndo todas as estruturas arqueolóxicas asociadas a ela. Cruceiro de São João do Campo Marco miliario Covide e Campo
Notas
Categoría:Freguesías do distrito de Braga