miniatura|dereita|Morrissey Steven Patrick Morrissey, nado en Davyhulme, Lancashire, o 22 de maio de 1959, é un cantante e compositor inglés coñecido comunmente como Morrissey.

Chegoulle a fama na década dos 80 como vocalista da banda inglesa The Smiths, activa entre 1982 e 1987. Cando a banda se rompeu Morrissey comezou unha exitosa carreira en solitario chegando ás listas top ten británicas durante 3 décadas. A súa música caracterízase pola súa voz de barítono e as súas letras distintivas con posturas antisistema e temas recorrentes de illamento emocional, desexo sexual, autocrítica e humor negro.

Morrissey é considerado unha das influencias na música pop máis importantes da súa xeración. Os seus detractores describen as súas obras como depresivas, mais os seus fans remarcan o seu humor ácido e sarcástico nas referencias das súas cancións a amores rotos.

Discografía Álbums en solitario Álbum Ano Selo Viva Hate 1988 His Master's Voice, Sire Records Kill Uncle 1991 His Master's Voice, Sire Records Your Arsenal 1992 His Master's Voice, Sire Records Vauxhall and I 1994 Parlophone, Sire Records Southpaw Grammar 1995 RCA Victor, Sire Records Maladjusted 1997 Island Records, Mercury Records You Are the Quarry 2004 Sanctuary Records Ringleader of the Tormentors 2006 Sanctuary Records Years of Refusal 2009 Decca Records, Polydor Records World Peace Is None of Your Business 2014 Harvest Records, Capitol Records Low in High School 2017 BMG, Etienne California Son 2019 BMG, Etienne I Am Not a Dog on a Chain 2020 BMG Make-Up Is a Lie 2026 Sire Records

Recompilatorios Bona Drag (1990) World of Morrisey (1995) Suedehead. The Best of Morrissey (1997) My Early Burglary Years (1998) The Best of Morrissey (2001)

Discos en directo Beethoven Was Deaf (1993) Live at Earls Court (2005) Who Put the M in Manchester? (2005)

Premios thumb|Morrisey en concerto no Jahrhunderthalle de Frankfurt, febreiro de 2026

Recibiu un Ivor Novello Award polo seu destacado labor como compositor en 1998, na categoría de Lifetime Achievemen, un galardón que subliñaba a importancia das súas letras, cheas de ironía, melancolía e provocación. Ademais, foi nomeado en múltiples ocasións en enquisas de lectores de revistas como NME ou Melody Maker, onde frecuentemente apareceu como unha das figuras máis influentes e carismáticas da música moderna. En novembro de 2008, a revista Rolling Stone situou a Morrissey no posto 92 da lista dos “100 mellores cantantes de todos os tempos”. A lista foi elaborada a partir dos votos dun panel de 179 “expertos musicais”, como Bruce Springsteen, Alicia Keys e Bono, aos que se lles pediu que nomeasen os seus 20 vocalistas favoritos.

En 2013, coa publicación da súa autobiografía Autobiography, acadou un recoñecemento literario pouco habitual para un músico, sendo editada na prestixiosa colección Penguin Classics, un feito que provocou tanto admiración como controversia. Polo carácter reservado a figuras clásicas, e ata entón finadas, da literatura.

Como simpatizante da organización antiespecista People for the Ethical Treatment of Animals (PETA) en recoñecemento ao seu apoio, PETA distinguiuno co Premio Memorial Linda McCartney na gala do seu 25º aniversario, o 10 de setembro de 2005. Posteriormente, Morrisey aparecería nun anuncio de PETA en 2012, animando a xente a esterilizar os seus cans e gatos para axudar a reducir o número de animais de compañía sen fogar.

Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Lancashire